Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización en desenvolvemento do Plan parcial do polígono B-10 do PXOU-Finca A Corva-San Brais.

A Comisión de Goberno, en sesión do catorce de febreiro do dous mil aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización, formulado por Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada, coa finalidade de levar á práctica o Plan parcial do polígono B-10 do Plan xeral de ordenación urbana/Finca A Corva-San Brais, e redactado polos arquitectos José Vicente Rodríquez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG do 22-11-1999 e novos planos nº 04b, 12b, 13b, 16b e documento de medicións e orzamento, que anulan e reforman os correlativos daquel, están subscritos tamén polos arquitectos autores deste e intervidos polo seu colexio profesional o 11-1-2000, dipoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento) rúa Churruchaos a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 6 de marzo de 2000.

P.D. (Resolución 5-7-1999)

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral