Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 14 de febreiro de 2000, adoptou co quórum legal o acordo de aprobación definitiva da modificación dotacional das normas subsidiarias de planeamento de Quiroga (relativa á modificación da ordenanza SPIS-servicios de interese público e social), unha vez emitido o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 7/1985, do 29 de xuño, e no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o que se fai público para os efectos previstos na devandita lexislación.

Así mesmo, cumprindo o disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local (modificada pola Lei 39/1994, de decembro) e no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publícase no BOP de Lugo a normativa e as ordenanzas modificadas e entrará en vigor unha vez publicado o devandito texto íntegro e conforme o disposto no artigo 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril.

Contra este acordo, definitivo na vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que se publique este anuncio no último dos boletíns oficiais (BOP ou DOG).

Quiroga, 15 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado