Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da toma de coñecemento do proxecto de compensación do polígono B-10 do vixente PXOU-Finca A Corva/San Brais, formulado por Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada.

A Comisión de Goberno, en sesión do 7-2-2000, acordou tomar coñecemento do proxecto de compensación do polígono B-10 do vixente PXOU Finca A Corva/San Brais, formulado por Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada na súa condición de pro

pietaria única da totalidade dos terreos integrantes e presentado a esta Administración municipal pola súa presidenta, sendo redactado polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG do 16-11-1999 e 21-12-1999, dipoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento) na rúa Churruchaos desta cidade, a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 6 de marzo de 2000.

P.D. (Resolución 5-7-1999)

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral