Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 11 do PXOU rúas da Estrada e San Amaro, con requirimento a propietarios non adheridos ó sistema de xestión desta unidade de actuación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 7-2-2000, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter definitivo, ó proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de execución 11 do PXOU comprendida entre as rúas da Estrada e San Amaro e formulado polas entidades mercantís Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L. e Promociones Doela, S.L., actuando en nome e representación de propietarios que representan máis do 50% da superficie da citada unidade de actuación, facéndose constar que o texto definitivo do proxecto de estatutos e de bases é o publicado no BOP nº 196, do 11-10-1999.

Segundo.-Designar, como representante desta administración, no órgano rector da xunta, o tenente de alcalde da Área de Urbanismo e Medio Ambiente,

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo ou quen no sucesivo asuma este cargo, o cambio do cal lle notificaría oportunamente á xunta.

Terceiro.-Requirirlles ós propietarios afectados a constitución, mediante escritura pública, da xunta de compensación da unidade, no prazo de tres meses desde que sexa firme en vía administrativa o acto de aprobación de estatutos e bases.

Cuarto.-Requirir a Inversiones de Galicia Sur, S.A., José Acuña Sastre, Cándido Acuña Sastre, Inocencio Calviño Gutiérrez e Laura Barreiro Gulías, na súa condición de propietarios afectados pola xestión desta unidade de actuación número 11, que non solicitaron a súa incorporación á xunta de compensación do devandito polígono urbanístico, para que así o efectúen, se o desexan, no prazo dun mes, contado desde a notificación deste acordo.».

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer directamente quen se considera lexitimado o recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedente con arreglo a dereito, significando que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 1 de marzo de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado

da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral