Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 29-Ponte Bolera.

A Comisión de Goberno, en sesión do día trinta e un de xaneiro do ano dous mil, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 29 do Plan xeral de ordenación urbana-Ponte Bolera, formulado por José García Blanco, Carlos Romero García e Valentín González Dacal, redactado polos arquitectos Ricardo Aguilar Argenti e Enrique Barreiro Álvarez, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG o 28-7-1998.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes

contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4 da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2000.

Raimundo González Carballo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral