Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación dos expedientes sancionadores en materia de réxime de Vivendas de Protección Oficial ES OU-02/2000 e ES OU-03/2000, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de VPO por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da Sección de Inspeccións e Sanción da delegación provincial, e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 17 de febreiro de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente nº: E.S. OU-02/2000.

Responsable: Monserrat de la Fuente Rodríguez.

Enderezo: r/ Apolo, nº 2, bloque 5, 2º D Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.

Expediente: E.S. OU-03/2000.

Responsable: Juan Fernández Bangueses.

Enderezo: r/ Apolo, nº 3, 2 B Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.