Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de febreiro de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta do expediente administrativo de desafiuzamento por non ocupación 34/1999, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, por resultaren descoñecidos os seus domicilios.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, as propostas de resolución de desafiuzamento acordadas pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña, por non destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente dos beneficiarios ou arrendatarios, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexis

lación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña, alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 17 de febreiro de 2000.

Belén Currás Prado

Xefa da Área Provincial Accidental da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 34/1999 (non ocupación).

Expedientado: Alfonso Gómez Vidal e herdeiros.

Último domicilio coñecido: rúa Bugallal y Marchesi nº 5, 1º C (A Coruña).

(Expte. C-82/030, conta 27).