Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO da Resolución do 3 de marzo de 2000 pola que se regula a cobertura con carácter temporal de postos no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, mentres non se cubran con carácter definitivo.

Como consecuencia da creación do Cixtec mediante a disposición adicional 5ª da Lei 2/1998 e consonte o disposto no estatuto aprobado polo Decreto 361/1998, do 4 de decembro, leváronse a cabo varios procesos selectivos de persoal para cubri-los postos vacantes deste centro.

Mentres non se cubran as vacantes por medio do proceso selectivo correspondente, é necesaria a contratación temporal de traballadores, escollendo como medio máis áxil e obxectivo a creación dunhas listas de aprobados que non obtiveron praza nos anteriores procesos selectivos levados a cabo no centro, polo que o director do Cixtec dictou Resolución do 3 de marzo de 2000 pola que se crean listas de aspirantes aprobados que non obtiveron prazas nos procesos selectivos, co fin de que poidan ser chamados para cubri-las vacantes no centro, así como o procedemento que se vai seguir para os ditos chamamentos.

As ditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http://www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

Gonzálo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable