Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público, con procedemento aberto, para a subministración dun vehículo para este instituto.

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Pavillón de Galicia. San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expedente: departamento de Persoal e Xestión Económico-Administrativa.

c) Número de expediente: LCE-SUB-1/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: adquisición dun vehículo con capacidade para nove pasaxeiros e motor diésel.

b) Número de unidades: 1.

c) Lugar de entrega: na sede do IGAEM, Pavillón de Galicia, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: dez días desde a sinatura do contrato administrativo, logo da constitución da garantía definitiva, así como da matriculación e/ou transferencia do/s vehículo/s obxecto do concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 3.200.000 ptas. en calquera das modalidades seguintes:

* Proposta económica polo vehículo de nove prazas ofertado, IVE e todo tipo de impostos e gastos incluídos.

* Proposta económica polo vehículo de nove prazas ofertado, IVE e todo tipo de impostos e gastos incluídos e oferta económica de recollida do microbús IVECO A40.01 C-6385-BD, valorado nun mínimo de 1.500.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento máximo (128.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Institución: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

b) Enderezo: Pavillón de Galicia. San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 57 71 26.

e) Fax: 981 57 71 27.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado, no rexistro xeral do IGAEM. Pavillón de Galicia, San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

b) Enderezo: Pavillón de Galicia. San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, pois neste caso será o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios: se é o caso, por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego de Artes Escénicas

e Musicais