Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a contratación dos servicios de axencia de viaxes para o programa denominado Voces de Europa.

A Xerencia do IGAEM, para a execución da programación do proxecto comunitario Voces de Europa para o ano 2000, resolveu convoca-la contratación dos servicios dunha axencia de viaxes para a xestión de reserva e emisión de billetes aéreos, servicio de transporte terrestre e servicios de aloxamento e manutención, na xira europea prevista no programa Voces de Europa que se desenvolverá durante o ano 2000.

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Persoal e Xestión Económico-Administrativa.

c) Número de expediente: LCE-SER-1/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: a contratación dos servicios dunha axencia de viaxes cara á xestión de reserva e emisión de billetes aéreos, servicio de transporte terrestre, e servicios de hostalería en Santiago de Compostela, na xira europea prevista no programa Voces de Europa, que se desenvolverá no ano 2000.

b) Lugar de execución: distintas cidades europeas, conforme o indicado no prego tipo de prescricións técnicas.

c) Prazo de execución: a duración da xira programada, prevista desde o 16 de agosto de 2000 ata mediados do mes de setembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.000.000 de ptas. (trece millóns de pesetas).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base (520.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información:

a) Institución: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

b) Enderezo: pavillón de Galicia. San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 57 71 31.

e) Fax: 981 57 71 27.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe

b) Outros requisitos: os necesarios para o exercicio da actividade conforme a base 6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida na base 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

c) Lugar de presentación: en sobres pechados e dentro do prazo sinalado no rexistro xeral do IGAEM,

pavillón de Galicia, San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mantene-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

b) Enderezo: pavillón de Galicia. San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a partir do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo pois, neste caso, será o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios: de se-lo caso, por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2000.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais