Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de febreiro de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de réxime de vivendas de protección oficial ES-P-002/1999 e dez máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade cos artigos 59.4º e 60.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se relacionan que, con data do 8 de outubro de 1999, se dictou resolución do delegado provincial, dos expedientes sancionadores por infracción grave do artigo 5 c) da Lei 13/1996, de infraccións en materia de vivenda, ó non destina-la súa vivenda a domicilio habitual e permanente.

Vistas as propostas de resolución, os feitos probados e demais circunstancias concorrentes imponse a cada un dos sancionados unha multa dunha contía de 250.000 ptas. baseándose no establecido no artigo 7, punto 1º e letra B da antedita lei.

O importe da sanción deberá ser ingresado na conta do Tesouro da Facenda galega conta restrinxida do IGVS recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado, de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación. As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido nos artigos 107.1º e 114 a 117 da LRXPAC ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2000.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ES-P-002/1999.

Nome: Luis García Rey.

Enderezo: r/ Bélxica, Ptal. 17, baixo E, Monteporreiro (Pontevedra).

Expediente: ES-P-003/1999.

Nome: José L. Portabales Acuña.

Enderezo: r/ Bélxica, Ptal. 17, baixo G, Monteporreiro (Pontevedra).

Expediente: ES-P-005/1999.

Nome: Luisa García López.

Enderezo: r/ Bélxica, Ptal. 13, 4º F, Monteporreiro (Pontevedra).

Expediente: ES-P-006/1999.

Nome: Mª Teresa Lorenzo García.

Enderezo: r/ Celso E. Ferreiro, Ptal. 5, 5º B (Vilagarcía de Arousa).

Expediente: ES-P-013/1999.

Nome: Javier Moure Parada.

Enderezo: Pol. Torneiros, 4ª fase, Ptal. 7, baixo I (O Porriño).

Expediente: ES-P-018/1999.

Nome: Enrique José Vidal Calviño.

Enderezo: Pol. Torneiros, 4ª fase, Ptal. 10, 4º I (O Porriño).

Expediente: ES-P-019/1999.

Nome: María Estévez González.

Enderezo: Pol Torneiros, 4ª fase, Ptal. 10, 6º D (O Porriño).

Expediente: ES-P-021/1999.

Nome: Juan Carlos Cordovés Vázquez.

Enderezo: Pol. Torneiros, 4ª fase, Ptal. 12, 6º I (O Porriño).

Expediente: ES-P-022/1999.

Nome: Mariano Clavero Ferrer.

Enderezo: r/ Marqués de Valterra, número 47, Esc. 2, baixo B (Vigo).

Expediente: ES-P-023/1999.

Nome: Constante Millán Puga.

Enderezo: r/ Alemaña, número 21, Ptal. 1, 3º B, Monteporreiro (Pontevedra).

Expediente: ES-P-025/1999.

Nome: Ángel Señoráns Ríos.

Enderezo: Avda. de Pontevedra, número 45, Blq. C, 3º H (A Estrada).