Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2000 pola que se notifica a resolución do procedemento declarativo do reintegro de axuda PR/JA/65/1999.

Intentada a notificación da resolución declarativa da procedencia de reitegro de axuda ó interesado e no expediente indicados no anexo, e non podendo practicarse no seu último enderezo coñecido, efectúase por medio deste anuncio, de conformidade co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución que se notifica non esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante o presidente do Ilgga, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa inmediata executividade.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

ANEXO

Número de expediente: PR/JA/65/1999.

Axuda: 1ª Instalación de agricultor xove (R.D. 1887/1991).

Perceptor: José Luis Medín Purriños.

DNI: 76.341.578.

Último enderezo coñecido: Canónigo Cándido Varela, nº 3, 1º, Arteixo (A Coruña).

Data da resolución: 14-1-2000.

Importe que se vai reintegrar: 1.675.000 ptas. xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento da axuda.

Data de pagamento da axuda: 1-3-1996.

Motivo do reintegro: incumprimento da obriga de exerce-la actividade agraria durante cinco anos.