Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Pedra Chantada. (Expediente 028-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Made Energías Renovables, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en rúa do Castiñeiriño, 12-3º-A, C.P. 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización das instalacións do

parque eólico denominado Pedra Chantada; resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 30 de novembro de 1998, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Pedra Chantada, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu a información pública a citada solicitude para os efectos de competencia que establece o artigo 11 do Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante Resolución do 4-9-1998, publicada no Boletín Oficial del Estado do 17 de setembro e no Diario Oficial de Galicia do 22 de setembro. Unha vez finalizado o prazo de 20 días que se fixa na citada resolución, non se presentou ningunha solicitude en competencia.

As características básicas do proxecto son:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Pedra ChantadaMuras

Ourol

O Valadouro

615.5004.822.000

617.0004.822.000

618.0004.821.250

618.5004.820.000

618.0004.820.000

617.7504.820.750

617.2504.821.000

616.5004.820.750

617.0004.820.000

616.8004.819.600

615.6254.821.025

615.2504.821.500

Características básicas do proxecto:

ConceptoUds.

Nº de aeroxeradores tipo Made AE 46/137 Uds.

Potencia unitaria por aeroxerador660 kW

Pontecia total instalada24,42 MW

Transformadores de 0,690/20 kV instalados na torre do aeroxerador de potencia unitaria 700 kVA37 Uds.

Producción anual neta estimada70.323 MWh/ano

Investimento previsto2.919.744.447 ptas.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre

expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 12 de marzo de 1999, publicada no BOP de Lugo do 25 de marzo, no xornal El Progreso e La Voz de Galicia do 24 de marzo, no Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo, no Boletín Oficial del Estado do 19 de marzo e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Muras, Ourol e O Valadouro.

Durante a fase de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

1. Francisco Jauregizar Isasi, en representación de Silicatos Minerales, S.L., titular do permiso de investigación mineira Besteburiz nº 5207, oponse ó parque si nas zonas nas que se detectou a presencia de mineral de feldespato.

2. O Concello de Ourol alega que seis parques no seu municipio son demasiados e que os estudios ambientais deberían ter en conta esta sinerxia. Propón compensacións directas ó concello e ós veciños en vez de expropiación e solicita que se consideren posibles incompatibilidades con peticións concesionais de aproveitamentos hidroeléctricos presentadas polo concello.

3. José Antonio Fernández Pico solicita que se considere a Xunta Veciñal de Montes en Man Común denominada Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizao e Pau do Lamoso, como propietaria das parcelas 4-2, 4-1, 5-2, 5-3, así como as parcelas 121-5 e 5-1.

4. Javier Sánchez Vigo solicita que se considere a Anastasio Sánchez Escourido e, no seu nome, os seus herdeiros e Mª del Carmen Sánchez Escourido, como copropietarios do predio nº 20 do plano (polígono P-1, parcela 5-1 Pedra Chantada), que figura como titular descoñecido.

5. Anastasio Sánchez Escourido Pérez solicita que se considere que os montes denominados Calexos, Pedra Chantada e Lombo do Medio, que corresponden á parcela 5-1, pertencen á súa propiedade e á da súa irmá, Mª del Carmen Sánchez Escourido, quedando excluídos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Miñotos.

6. Ángel Costa Pérez solicita que se considere que as parcelas nº 25, nº 46 e nº 59, que se atribúen a Carmen Costa Pérez, pertencen á súa propiedade, e non a esta última.

7. Pedro Alonso Iglesias solicita que se paralice o proxecto ou se formule unha declaración de impacto ambiental negativa do parque eólico Pedra Chantada.

As citadas alegacións foron remitidas á empresa Made Energías Renovables, S.A. e costestadas por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Cuarto.-O 3 de xuño de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto.

Quinto.-O 29 de decembro de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico que no seu punto 1.5.3 indica a non vialibilidade ambiental dos catro aeroxeradores seguintes: B31, M32; B33 e B34.

Sexto.-O 4 de febreiro de 2000 Made Energías Renovables, S.A. presenta as modificacións do proxecto requiridas na declaración de efectos ambientais, quedando as características básicas seguintes:

Proxecto modificado

ConceptoUds.

Nº de aeroxeradores tipo Made AE 46/133 Uds.

Potencia unitaria por aeroxerador660 kW

Potencia total instalada21,78 MW

Transformadores de 0,690/20 kV instalados na torre do aeroxerador de potencia unitaria 700 kVA33 Uds.

Producción anual neta estimada62.720 MWh/ano

Investimento previsto2.613.663.507 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, e Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non podemos considera-la alegación presentada por Silicatos Minerales xa que a compatibilidade de ámbolos aproveitamentos non se poderá analizar ata que se presente o proxecto xeral de explotación correspondente á solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación mineira Besteburiz nº 5207.

2. Non podemos acepta-las alegacións presentadas polo Concello de Ourol, toda vez que:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental xa aprobou a declaración de efectos ambientais.

b) As compensacións pola ocupación dos terreos non son obxecto desta fase do expediente e tomaranse en consideración no momento procedemental oportuno.

c) A compatibilidade con posibles aproveitamentos hidroeléctricos estudiarase, se é o caso, cando se presenten nos proxectos de execución destes.

3. Non podemos estima-la alegación presentada por José Antonio Fernández Pico como representante da Xunta Veciñal de Montes en Man Común denominada Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizao e Pau do Lamoso xa que coa documentación achegada non se pode asegura-la pertenza dos referidos predios ó citado monte en man común. Non obstante, se en calquera momento ata a data en que se proceda ó levantamento de actas de ocupación, acto que lle será notificado, achega a documentación necesaria que acredite a súa titularidade sobre o predio, esta será retirada do procedemento expropiatorio e seguirase o procedemento establecido na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo se aproba o regulamento.

4. As alegacións presentadas por Javier Sánchez Vigo, Anastasio Sánchez Escourido e Ángel Costa Pérez non son obxecto desta fase do expediente e serán tidas en conta, se é o caso, cando se proceda ó levantamento das actas de ocupación, acto que lles será notificado.

5. Por último, non se toma en consideración a alegación presentada por Pedro Alonso Iglesias, solicitando que se paralice o proxecto, xa que este recibiu informe favorable da delegación provincial e cumpre tódolos requisitos legais.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizarlle a Made Energías Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Pedra Chantada, que se vai situar nos concellos de Muras, Ourol e O Valadouro.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Made Energías Renovables Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 52.273.270 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan deberán realizarse de acordo coas especificacións e planos

que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.613.663.507 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Energía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 29 de decembro de 1999, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, polo incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de

que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria