Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto de instalacións da conexión a Mesogén, S.L., no termo municipal da Coruña.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia do 1 de febreiro de 2000, autorizouse o proxecto de instalacións da conexión a Mesogén, S.L., que discorre polo termo municipal da Coruña. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no concello onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o pre

citado artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar á súa custa, dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse o próximo día 14 de abril de 2000, a partir das 10 horas no Concello da Coruña.

A orde de levantamento de actas comunicarase a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos do concello sinalado.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación da presente resolución ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo, así como daqueles que resultasen de titularidade descoñecida ou con enderezo ignorado da relación que se someteu ó trámite de información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Gas Natural SDG, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 25 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: conexión a Mesogén, S.L.

Termo municipal da Coruña:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

C-C-1Comunidade de propietarios Polígono de Pocomaco. Polígono de Pocomaco, B-19, 15190 A Coruña62337Vial

C-C-2Luis Magro, S.L., r/ Juana de Vega, 25-27, 6º B, 15005 A Coruña066657842Solo industrial

C-C-3María Capelán López, Mesoiro, 61, 15190 A Coruña8506578601Acceso

C-C-4Deputación Provincial da Coruña, Vías e Obras, r/ Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña43280Estrada e beirarrúa

C-C-5Casa do concello, Pza. María Pita, 15001 A Coruña20130Pista asfaltada

C-C-6Mesogén, S.L. (Maderas Becerra), Mesoiro, 108, 15190 A Coruña532Entrada fábrica

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Instalacións auxiliares.

Proxecto: conexión a Mesogén, S.L.

Termo municipal da Coruña:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mExp. mPolíg.Parcela

C-C-1-POComunidade de Propietarios Polígono de Pocomaco. Polígono de Pocomaco, B-19, 15190 A Coruña004 Vial

C-C-6-POMesogén, S.L. (Maderas Becerra), Mesoiro, 108, 15190 A Coruña004Entrada fábrica