Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: reforma R.B.T. Leiras-Gándara.
Situación: Cambre.
Descricións técnicas: reforma rede de baixa tensión a 380/220 V en conductor R.Z. e de 500 m de lonxitude, que parte da R.B.T. existente do C.T. urbanización Leiras. Concello de Cambre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 14 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña