Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.
Denominación: R.B.T.S. Canido.
Situación: Malpica de Bergantiños.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de baixa tensión, a 380/220 V, baixo tubo e con conductor R.V., de 55 m de lonxitude, con orixe no C.T. Canido e final na rede existente. Malpica de Bergantiños.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 14 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña