Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/25-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Couto de San Honorato 10.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña TRO 7.15, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Couto de San Honorato 10, no concello de Vigo, rematando no C.T. existente da Mariña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra