Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia concurso para a subministración dun camión para o parque móbil municipal.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

c) Número de expediente: 58/00.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración dun camión para o parque móbil municipal.

b) Número de unidades que se van entregar: 1.

c) Lugar de entrega: Ourense.

d) Praxo de entrega: 1 mes.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 12.500.000 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

a) Provisional: 250.000 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 500.000 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Área de infraestructuras, negociado de vías.

b) Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 36.

7. Requisitos:

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, técnica e financeira, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG das 9 ás 13 horas.

b) Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexitro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, das 9 ás 13 horas.

d) Localidade: Ourense.

e) Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior, 1.

c) Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 26 de xaneiro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde