Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación do polígono I do PERI II-12 A Florida B (expediente 4194/401).

A Xunta de Compensación do Polígono I do PERI II-12 A Florida B, con data do 19 de novembro de 1999 acordou aprobar inicialmente o proxecto

de compensación do devandito polígono, presantado no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 9 de febreiro pasado.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 15 de febreiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo