Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do día 25 de novembro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do parque da Malata, sendo o teor do acordo o seguinte:

Por Decreto da Alcaldía Presidencia do 11 de xuño de 1999, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización do parque da Malata, que foi publicado no DOG 162, do 23 de agosto de 1999, e no Ideal Gallego do 23 de xuño, exposto no taboleiro de edictos do concello desde o 21 de xuño ata o 27 de setembro.

Durante o período de exposición pública presentou unha alegación Adega-Trasancos, segundo consta no certificado do rexistro xeral.

Estudiado o contido da alegación tendo en conta o informe realizado por CIESA Consultora de Ingeniería, S.L., autora do proxecto, e á vista do informe da Concellería de Medio Ambiente, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 18 de novembro de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno proponerlle ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.-Estimar parcialmente a alegación presentada por Adega-Trasancos e aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do parque da Malata, coas seguintes modificacións:

1. Supresión da parte do sendeiro previsto no proxecto, que pasa por debaixo da pasarela xa existente, e conectalo ó acceso na parte superior.

2. Respecta-las árbores xa existentes nunha das marxes da estrada Ferrol-Serantes e elimina-lo eucalipto existente no lugar e substituílo por unha especie autóctona.

3. No parque das Colinas acondicionaranse os sendeiros existentes con lousas de pedra irregular sen cimentación ningunha, suprimindo os sendeiros proxectados.

4. Supresión do camiño sobre a ribeira esquerda do río e que comunica a estrada de circunvalación coa que rodea as instalacións do campo de fútbol.

5. Varia-la cor azul da pasarela por verde ou marrón.

6. Substituír por unha construcción de madeira o miradoiro en forma de bancada, proxectado na marxe esquerda da enseada.

7. Substituí-las plantacións arbóreas previstas por outras de carácter autóctono.

Segundo.-Publicar este acordo en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución, dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG, e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14-7-1998).

Ferrol, 20 de decembro de 1999.

O alcalde

Rubricado