Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto modificado número 1 da rede de saneamento da zona rural-2ª fase, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

«O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 27 de maio de 1999, aprobou inicialmente o proxecto modificado número 1 da rede de saneamento da zona rural-2ª fase que foi publicado no DOG nº 147 do 2 de agosto de 1999 e no periódico Diario de Ferrol, do 9 de xuño, e exposto no taboleiro de edictos do concello desde o día 7 de xuño ata o día 8 de setembro deste ano. Durante o período de exposición pública presentou unha alegación o secretario da delegación na bisbarra de Ferrol da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) segundo consta no informe do rexistro xeral con data do 16 de setembro de 1999. A citada alegación contén fundamentalmente catro puntos.

1. Adega solicita que os novos trazados dos colectores C-1 e J-3 discorran integramente paralelos á estrada CP-3606, evitando o seu desvío puntual, e solicita que o novo bombeo denominado Esmelle-Vila da Eirexa se sitúe na marxe da devandita estrada oposta ó Carregal. Recomendan estudiar outra localización para o novo bombeo de San Xurxo da Mariña e esixen a retirada inmediata dos entullos vertidos no Carregal e a rexeneración do lugar.

2. Adega considera moi necesario que se modifique o trazado dos colectores E-1 e D-1 estudiando outros trazados alternativos.

3. Adega esixe a demolición do bombeo de Doniños praia para que sexa construído na marxe leste da nova estrada do paseo marítimo.

4. Adega solicita que tódolos bombeos proxectados dispoñan dun depósito auxiliar estanco para almacenar provisionalmente os efluentes procedentes dos aliviadoiros dos bombeos.

Visto o informe técnico da dirección técnica da obra no que contesta a alegación presentada, onde

se informa que se pode modifica-lo trazado dos colectores C-1 e J-1, á beira da estrada C-3606 entre o pozo 34 e a estación de bombeo, aínda que a situación tería que ser xusto ó lado contrario onde se propón na alegación, pois é unha zona mais chá e non hai que producir desmonte, xa que coincide co trazado do colector. Os entullos das obras dos pozos de bombeo xa foron retirados unha vez rematadas as obras. En canto á situación de bombeo de San Xurxo da Mariña, é a única que permite a recollida dos vertidos de tódalas vivendas da zona e, por outro lado, trátase dun pozo no cal a súa situación se mantén desde o proxecto orixinal da obra e que pasou os trámites de información e aprobación; tan só diminuíu a capacidade da estación, que pasou a ser local para Vila da Area. Respecto ó colector D-1, non se inclúe dentro das obras previstas nesta fase e o colector E-1 ten un trazado que é o único viable tecnicamente para vertido con gravidade. De non ser así, os distintos núcleos de

Esmelle terían que ser bombeados ata un colector que se podería executar desde a estrada de Covas a San Xurxo da Mariña discorrendo pola estrada de Esmelle. O cambio da situación do colector e bombeo de Doniños praia foi motivado pola coordinación coas obras do paseo en construcción pola Dirección Xeral de Costas. En todo caso, e para evita-lo impacto que provoca a situación, poderíase traslada-la estación de bombeo á zona de aparcamento. Neste caso, o baleiro deixado pola estación serviría como pozo filtrante do aliviadoiro. Os depósitos solicitados son os propios pozos, polo que construír outro ó lado non ten sentido, pois non evitaría o problema do vertido unha vez que estivese cheo. Polas razóns expostas no informe da dirección técnica e tendo en conta que as modificacións propostas non supoñen alteración do orzamento de execución da obra, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 14 de outubro de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade considerou

oportuno propoñerlle o Pleno da Corporación a adopción do seguintes acordos:

Primeiro.-Estimar parcialmente a alegación presentada por Adega no sentido de modifica-lo trazado dos colectores C-1 e J-1 á beira da estrada C-3606 entre o pozo 34 e a estación de bombeo. Modifica-lo trazado do colector E-1 discorrendo pola estrada de Esmelle. Traslada-la estación de bombeo de Doniños praia á zona de aparcamento.

Segundo.-Incluír no proxecto modificado número 1 da rede de saneamento da zona rural-2ª fase a sinalización de tódolos pozos de bombeo mediante alarmas ópticas.

Terceiro.-Aprobar definitivamente o proxecto modificado número 1 da rede de saneamento da zona rural-2ª fase coas modificacións expostas anteriormente.

Cuarto.-Publicar este acordo en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 19 de novembro de 1999.

Xaime Bello Costa

Alcalde