Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada dos expedientes sancionadores PO-0369-1998 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra en Vigo, sita na r/ Palma nº 4.

Nº de expediente: PO-0369-1998.

Denunciado: Janine Ballester Chantal.

Enderezo: Gatañal, 20 Darbo Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Recurso de alzada presentado o día: 9 de abril de 1999.

Resolución do recurso de alzada: extemporáneo, confirmando la resolución de cien mil pesetas (100.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-0856-1998.

Denunciado: Supermercados Vego, S.A.

Domicilio: Ezequiel Massoni, 24-26 Marín-Pontevedra.

Precepto infringido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: corenta mil catrocentas setenta e unha pesetas (40.471 ptas).

Recurso de alzada presentado o día: 26 de febreiro de 1999.

Resolución do recurso de alzada: desestimatoria, confirmando a resolución de corenta mil catrocentas setenta e unha pesetas (40.471 ptas).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 4 de febreiro de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo