Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición do expediente sancionador PO-0487-1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra en Vigo, sita na r/ Palma nº 4.

Nº de expediente: PO-0487-1998.

Denunciado: César Evaristo Miguel González Pérez.

Enderezo: Ervedelo, 13-1º-Ourense.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.7º, 6.10º, 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil catro pesetas (100.004 ptas.).

Recurso de reposición presentado o día: 26 de maio de 1999.

Resolución do recurso de reposición: non procede a interposición do recurso de reposición, confirmando a resolución de cen mil catro pesetas (100.004 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 4 de febreiro de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo