Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.643

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 15 de marzo de 2000 pola que cesa o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.

Por Orde do 30 de decembro de 1993, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, recoñeceuse a denominación específica Ternera Gallega que acadou finalmente o seu rexistro como Indicación Xeográfica Protexida no Regulamento CEE 2400/1996, do 17 de decembro, amparando a carne de vacún de calidade das razas Rubia Galega, Morenas do Noroeste e os seus cruzamentos, no xeito e condicións que determine o seu regulamento particular.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento, por petición propia, de Maximino Viaño García, nas súas funcións como presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, agradecéndolle os servicios prestados no exercicio do seu cargo, para o que foi nomeado por resolución da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 13 de agosto de 1997.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria