Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de marzo de 2000 pola que se regula o proceso de incorporación para o curso 2000-2001 dos estudiantes ó nivel universitario do ensino nos centros das tres universidades galegas.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31 establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988) transferiulle á Comunidade Autónoma competencia en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril). A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), determina a constitución do Sistema Universitario de Galicia con tres universidades: a de Santiago de Compostela, a da Coruña e a de Vigo.

A Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, prescribe no seu artigo 26.1º que é competencia do Goberno, oído o Consello de Universidades, o establecemento dos procedementos de selección para o ingreso nos centros universitarios. Así mesmo, o artigo 26.2º condiciona o acceso ós centros universitarios, á súa capacidade, determinada polas universidades, atendendo ós módulos obxectivos establecidos polo Consello de Universidades. Pola súa banda, o artigo 3.2º h) da mesma lei determina que a admisión, o réxime de permanencia e a verificación dos coñecementos dos estudiantes é competencia da autonomía das universidades. Así mesmo, o acceso esixe a superación dunhas probas de aptitude que ten regulamentadas o Estado. Hai, daquela, unha regulamentación específica do acceso ós centros universitarios e hai unha regulamentación propia dos procedementos de ingreso ós centros universitarios.

As normas que establecen os procedementos de ingreso son competencia estatal e universitaria, así o din o artigo 26.1º da LRU e o Real decreto 69/2000, do 21 de xaneiro (BOE do 22 de xaneiro), no que a norma xeral está desenvolvida. No procedemento de ingreso, este real decreto establece no artigo 3 que serán as universidades as que adoptarán as medidas necesarias para o exacto cumprimento do disposto neste e que elas resolverán tódalas solicitudes e incidencias que puidesen presentarse.

Durante o período de implantación gradual do distrito aberto, ó que fai referencia a disposición adicional cuarta do Real decreto 69/2000, do 21 de xaneiro, a solicitude a adxudicación de prazas non ofertadas nel realizarase na forma establecida no Real decreto 704/1999, do 30 de abril, sen que resulten de aplicación as normas que sobre reserva de prazas do denominado distrito compartido se conteñen no seu artigo 18 e concordantes.

As normas que regulan o acceso son competencia da universidade e do Estado. Por unha parte, a determinación do límite de prazas polas universidades,

atendendo á súa capacidade, condiciona o acceso. Por outra, o acceso esixe a superación dunha proba de aptitude que xa regulamentou o Estado. O Real decreto 406/1988, do 29 de abril, regula a organización das probas de aptitude para o acceso. O artigo 1 deste real decreto establece que as universidades organizarán as probas. No artigo 2 determínase que, así mesmo, as universidades establecerán o procedemento para a elaboración dos enunciados dos exames. O Real decreto 807/1993, do 28 de maio, que modifica parcialmente o artigo 4 do Real decreto 406/1988, do 29 de abril, determina a constitución dos tribunais das probas. A orde ministerial do 9 de xuño de 1993 (BOE do 10 de xuño) desenvolve o citado real decreto e establece a composición da comisión coordinadora das probas en cada universidade, e da Comisión Interuniversitaria, no suposto de que varias universidades teñan a consideración de única para os efectos de ingreso nos seus centros.

Nesta situación propia do acceso e do ingreso, ten sentido afirmar que o Estado ten reservadas as competencias no que atinxe á normativa xeral e a universidade ten reservada a competencia no que atinxe á resolución e execución concreta desa normativa.

Pola súa parte, a Comunidade Autónoma tamén ten competencia no acceso e no ingreso á universidade de xeito específico. O Real decreto 69/2000, do 21 de xaneiro, subliña, na disposición adicional segunda, que as comunidades autónomas poderán establecer que todas ou algunha das universidades que delas dependan, logo de conformidade delas, e respecto das ensinanzas e a porcentaxe que, se é o caso, se determinen, sexan consideradas como unha soa universidade, para os estudiantes que soliciten iniciar estudios nelas. Así mesmo, o Real decreto 807/1993 e a Orde do 9 de xuño de 1993 determinan a posibilidade de existencia da Comisión Interuniversitaria.

No caso concreto de Galicia, a Lei 11/1989, de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), establece no seu artigo 10º o sistema universitario de Galicia como unha realidade material e humana planificada e coordinada que aplica o principio do distrito único para os estudiantes. Isto quere dicir que os estudiantes en Galicia se incorporan a calquera centro de ensino universitario de Galicia con independencia do lugar da Comunidade onde cursasen os estudios de secundaria ou realizasen as probas de acceso.

De todo o antedito derívase a necesidade de conxugar, no momento da incorporación dos estudiantes ó ensino universitario e nos procedementos de acceso e ingreso, os principios de distrito autonómico, autonomía universitaria e coordinación dos procedementos e das competencias.

Cómpre, polo tanto, que se regulamenten para o curso 2000-2001 o acceso e o ingreso, de xeito que se salienten os anteditos principios, pois, no seu conxunto, responden ás esixencias legais e reforzan a idea de sistema nas institucións universitarias galegas.

En consecuencia, logo de oída a Comisión Interuniversitaria, verbo do proceso de incorporación de estudiantes ó sistema universitario de Galicia, e aten

dendo ó traballo que conxuntamente e de xeito coordinado se vén facendo para o desenvolvemento do sistema universitario de Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-O proceso de incorporación dos estudiantes ó curso 2000-2001 nas facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias do sistema universitario de Galicia definido na Lei 11/1989 (DOG do 16 de agosto), será organizado polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo de acordo co establecido no convenio asinado polos tres rectores das devanditas universidades en presencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria con data do 3 de marzo de dous mil, e que figura como anexo desta orde.

Segundo.-As universidades, que participan por dereito propio na coordinación e organización do proceso, adoptarán tódalas medidas conxuntas que sexan necesarias verbo dos procedementos e as tarefas propias da incorporación do alumnado ó ensino universitario para mellora-la racionalidade do proceso, aplicando os principios de distrito autonómico, autonomía universitaria e coordinación.

Terceiro.-O modelo de actuación, as tarefas e os procedementos acordados polas universidades quedaron recollidos no convenio específico asinado por elas, en presencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, o 3 de marzo de 2000.

Cuarto.-Tendo en conta que o proceso de incorporación dos alumnos ó ensino universitario fai converxer diversos procedementos coñecidos como probas de aptitude para o acceso, probas de maiores de 25 anos, solicitude de admisión para o ingreso e distrito compartido interautonómico, estes ordenaranse temporalmente, de xeito que se posibilite o normal comezo do curso 2000-2001. As universidades, a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia, farán público o calendario e os prazos correspondentes a cada fase do procedemento.

Quinto.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fará a prestación de servicios de apoio ó sistema universitario de Galicia (SASUG), a través do Servicio de Apoio e Orientación ós estudiantes universitarios da Dirección Xeral de Universidades especificada en convenio coas universidades, do 5 de marzo de 1993, para darlles cumprimento ás funcións de apoio que lles son propias e que afectan ó procesamento informatizado dos aspectos comúns das tarefas e os procedementos de incorporación dos estudiantes ó ensino universitario. En todo caso, por medio da prestación de servicios no SASUG realizarase a conxunción das listas de solicitude de admisión para o ingreso presentadas en cada universidade para elaborar progresivamente as listas de asignación de prazas e de espera que correspondan.

Sexto.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria porá ó dispor das universidades, na forma e no prazo procedente, a aplicación informática para realiza-lo proceso de incorporación dos estudiantes ó sistema universitario.

2. A aplicación informática, que é propiedade da consellería, non pode ser modificada polas universidades nas súas copias e será revisada e rectificada coordinadamente.

Sétimo.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cobre a prestación de servicios de apoio ó sistema universitario galego (SASUG) a través do Servicio de Apoio e Orientación ós estudiantes universitarios da Dirección Xeral de Universidades.

Oitavo.-Os centros de ensino secundario deberán colaborar no proceso que se regula nesta orde, para os efectos de facilita-la información e a documentación que lles atinxe e que forma parte dos expedientes para o acceso.

Noveno.-Os rectores das tres universidades da Comunidade Autónoma de Galicia dictarán as resolucións de carácter específico que sexan necesarias para o desenvolvemento do proceso, tendo en conta as competencias delegadas na Comisión Interuniversitaria.

Décimo.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Universidades para que dicte as disposicións que sexan precisas para a execución do establecido nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONVENIO ENTRE AS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS PARA DESENVOLVER E REALIZA-LO PROCESO DE INCORPORACIÓN DOS ESTUDIANTES Ó SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO.

Sendo o día tres de marzo de dous mil, reúnese en Santiago de Compostela, na sede da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en presencia de Celso Currás Fernández, conselleiro, e para proceder a formalizalo, os asinantes do convenio:

-O rector da Universidade da Coruña, José Luis Meilán Gil.

-O rector da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva Prieto.

-O rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo Amoedo.

EXPOÑEN:

1. Que o día 5 de marzo de 1993 asinaron os rectores das tres universidades de Galicia e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria un convenio para a prestación de servicios de apoio ó sistema universitario de Galicia (SASUG).

2. Que na cláusula seis do citado convenio as universidades galegas se comprometeron a establecer, de común acordo, tódalas medidas conxuntas que afectan ós procedementos e ás tarefas propias da incorporación

do alumnado ó ensino universitario, co obxecto de mellora-la súa racionalidade baixo o modelo de xestión integrada e favorece-lo cumprimento dos principios de distrito único, autonomía universitaria e coordinación.

3. Que, en aplicación do establecido na cláusula seis do convenio asinado o 5 de marzo de 1993, cada ano se asinou un novo convenio que recolle as experiencias do curso anterior e os cambios introducidos pola orde do MEC do 9 de xuño de 1993 (BOE do 10 de xuño), que modifica as probas de aptitude para o acceso á universidade e establece as funcións correspondentes ás comisións coordinadoras de cada universidade e ás interuniversitarias, nos casos de distrito único, en aplicación do R.D. 807/1993, do 23 de maio.

4. Que as universidades participan por dereito propio na coordinación e organización deste proceso que afecta ós procedementos das probas de aptitude para o acceso, á solicitude de admisión para o ingreso, ó distrito compartido e ás probas de maiores de 25 anos.

5. Que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou sucesivas ordes polas que se regulan as probas de acceso á universidade para os alumnos que cursaron as ensinanzas de bacharelato previstas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), sendo a derradeira a Orde do 10 de marzo de 1999 (DOG do 26 de marzo), e que nelas se dictan instruccións para a súa organización durante o período de implantación anticipada destas ensinanzas na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. A comisión organizadora á que fai referencia o artigo 5º do Real decreto 1640/1999, do 22 de outubro, será a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), órgano interuniversitario, sen personalidade xurídica, formado pola delegación de competencias propias das universidades galegas en materia de acceso e ingreso.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na cláusula 7 do convenio asinado coas universidades para a prestación de servicios SASUG comprometeuse a publica-la orde pola que se regula o proceso de incorporación de estudiantes ó nivel universitario de ensino nos centros das tres universidades galegas, respectando o que se establecera no convenio asinado entre as tres universidades como proceso coordinado de incorporación dos estudiantes.

Tendo en conta a experiencia de anos anteriores, así como a nova lexislación promulgada, acórdase concretar un novo convenio para desenvolver e realiza-lo citado proceso de acordo coas seguintes

CLÁUSULAS

1. O proceso de incorporación dos estudiantes ó ensino universitario nas universidades galegas organizarase atendendo ós principios de distrito autonómico, autonomía universitaria, coordinación do proceso e das competencias e desenvolvemento da xestión integrada baixo a idea xeral de modelo coordinado conxunto con procedementos idénticos e únicos para todo o distrito.

2. Para a aplicación destes principios, no proceso de incorporación ó ensino universitario (procedementos propios das probas de aptitude para o acceso, maiores de 25 anos, distrito compartido e solicitudes de admisión para o ingreso en centros con límite de prazas), as universidades realizarán este proceso a través da CIUG, que será a comisión única para o sistema universitario, en cada procedemento, e está obrigada ó cumprimento e á execución deste convenio, facendo, se procede, as oportunas interpretacións del baseándose nas competencias que lle foron delegadas:

-Probas, temarios e calendarios comúns.

-Procedementos homoxéneos en todo o territorio do sistema universitario de Galicia.

-Tribunal de exame único para todo o distrito, cando proceda.

-Coordinadores de COU e directores de grupos de traballo LOXSE, das materias obxecto de exame nas PAAU, únicos para todo o sistema.

3. As universidades favorecerán e propiciarán o cumprimento das competencias, na realización do proceso, segundo a súa capacidade de execución administrativa.

4. Os procedementos xerais e homoxéneos que se acordan como correspondentes ó proceso de incorporación dos estudiantes quedan recollidos no anexo I deste convenio.

5. As tarefas xerais e homoxéneas que se acordan como correspondentes ó proceso de incorporación dos estudiantes quedan recollidas no anexo II deste convenio.

6. Os compoñentes da Comisión Interuniversitaria aparecen recollidos no anexo III deste convenio. Cumprindo a normativa estatal, a Comisión Interuniversitaria estará formada nas PAAU por seis persoas (tres representantes das universidades, delegados dos rectores, e tres do ensino medio).

Para o resto dos procedementos, a Comisión Interuniversitaria só terá tres membros, que son os delegados dos rectores.

7. Este convenio prorrogarase ano a ano automaticamente, salvo denuncia expresa dunha das partes asinantes no primeiro trimestre de cada curso. En todo caso, e de conformidade entre os asinantes do convenio, poderá modificarse o contido parcial de calquera dos anexos sen necesidade dunha denuncia expresa do convenio.

En proba de conformidade, e obrigándose ó seu cumprimento, asínase este documento no lugar e data indicados.

Pola UniversidadePola Universidade de

da CoruñaSantiago de Compostela

J.L. Meilán GilF.D. Villanueva Prieto

Pola Universidade de Vigo

Domingo Docampo Amoedo

ANEXO I

Procedementos

I. Procedementos que se deben seguir para coordinar e executa-lo proceso de incorporación dos estudiantes ás titulacións universitarias.

I A.-Normas xerais.

Os principios básicos derivados do exposto anteriormente levan a defender tres principios na conxugación das cuestións que atinxen á incorporación ás universidades.

-Distrito autonómico.

-Autonomía das universidades.

-Necesaria coordinación do proceso e das competencias.

1. De acordo co principio de distrito autonómico, as probas e o calendario serán comúns e os procedementos serán homoxéneos en todo o territorio.

2. A autonomía das universidades implica que cada unha delas asuma as súas funcións nas tarefas e os procedementos de incorporación dos estudiantes ó ensino universitario, tanto no deseño e control deles como na súa execución, sen prexuízo das competencias da Comisión Interuniversitaria.

Tamén é obriga da autonomía universitaria propicia-la competencia administrativa de cada universidade para a custodia dos expedientes, a execución das probas e a verificación dos coñecementos dos estudiantes.

3. A complexidade das tarefas fai imprescindible dota-lo sistema universitario galego dunha infraestructura informática (máquinas e aplicacións) que actúe conxuntamente para as tres universidades e que estea operativa cos seus técnicos, para lle prestar, con prioridade e disposición absoluta, os servicios de apoio requiridos pola Comisión Interuniversitaria de cara ó cumprimento do principio de distrito autonómico.

4. A incorporación dos estudiantes ó ensino universitario comporta neste documento os seguintes procedementos:

-Probas de aptitude para o acceso á universidade para alumnos de COU e de bacharelato LOXSE.

-Solicitude de admisión para o acceso á universidade en titulacións con límite de prazas.

-Remisión das notas de corte no distrito compartido.

-Probas de aptitude para o acceso á universidade para maiores de 25 anos.

5. O traballo administrativo xerado no proceso de incorporación, nun prazo curto de execución, aconsella, na procura da eficacia administrativa, ter en conta, ó mesmo tempo, un tratamento común do conxunto do alumnado que solicita a súa incorporación ás universidades e a diversificación dos puntos de recepción de documentación en función da situación dos centros de ensino medio. Esta territorialización administrativa non xera dereito ningún de preferencia verbo da admisión de alumnos no sistema universitario de Galicia.

6. Anualmente revisaranse os procedementos e maila aplicación informática en función dos correspondentes informes técnicos que deberán emitir tanto as uni

versidades como a propia comisión para acadar un producto continuamente mellorado.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cobre a prestación de servicios de apoio ó sistema universitario galego (SASUG) a través do Servicio de Apoio e Orientación ós estudiantes universitarios da Dirección Xeral de Universidades de cara ó cumprimento do principio de distrito autonómico.

Con independencia da prestación de servicios ou apoio que efectúe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó Sistema Universitario de Galicia, as universidades, facendo uso da súa autonomía, desenvolverán as aplicacións informáticas propias, compatibles co resto da xestión académica que lles é propia.

8. Os elementos que se deben conxugar nas tarefas e os procedementos propios do proceso de incorporación dos estudiantes ó ensino universitario, baixo os principios xerais de autonomía, distrito autonómico e coordinación, dado o entendemento acadado e a experiencia dos cursos anteriores, permiten xerar un modelo conxunto de actuacións definido en procedementos idénticos e únicos para todo o distrito.

9. O proceso de incorporación dos estudiantes iníciase coa publicación da correspondente orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de asinado o convenio entre os rectores e de estar nomeados os membros da Comisión Interuniversitaria.

I B.-Procedemento propio das probas de aptitude para o acceso á universidade para alumnos de COU e de bacharelato LOXSE.

1. As probas de aptitude para o acceso á universidade (PAAU) organízanse, de acordo co establecido neste convenio, conxuntando os seguintes órganos e tarefas:

-Comisión Interuniversitaria.

-Un tribunal único para o sistema universitario.

1. Comisións delegadas.

2. Comisións de avaliación.

-Seminarios permanentes de COU e grupos de traballo LOXSE das diferentes materias obxecto de exame das PAAU.

-Diversificación dos puntos de captura de datos, para os efectos administrativos, tendo en conta a localización dos centros de EE.MM.

-Recepción dos datos enviados polas universidades, seguindo as instruccións do SASUG para explotar informaticamente.

-Exame, calendario e temario único para cada unha das dúas modalidades de acceso (COU e bacharelato LOXSE).

A Comisión Interuniversitaria para todo o sistema, que está recollida na orde ministerial do 9 de xuño de 1993, estará constituída por tres profesores de universidade, cada un deles delegado do rector correspondente, e tres profesores de EE.MM. nomeados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

As funcións da Comisión Interuniversitaria á que se fai referencia no parágrafo anterior correspóndense coas funcións atribuídas á Comisión Organizadora á que se fai referencia no artigo 5 do Real decreto 1640/1999, do 22 de outubro (BOE do 27).

Esta comisión ten competencias para resolve-los asuntos comúns de organización, deseño, coordinación, elaboración e execución de directrices e procedementos xerais para o cumprimento do principio de distrito autonómico, no ámbito das competencias que lle foron delegadas.

Para a realización material das probas de acceso de alumnos de COU e de bacharelato LOXSE, así como para verifica-los seus coñecementos e revisa-la súa cualificación trala presentación das reclamacións, a Comisión Interuniversitaria nomea o tribunal único das PAAU, que estará constituído por:

-Un presidente, un secretario e, se é o caso, un vicepresidente.

-Comisións delegadas para actuaren en cada un dos centros nos que se realicen as probas que, segundo o criterio de aproximación ós alumnos dos procedementos de incorporación, estarán necesariamente territorializadas.

-A Comisión Interuniversitaria establecerá o número destas comisións, determinará a súa composición e as súas funcións, así como a situación destas, tendo en conta a prioridade de utilización de centros universitarios.

-Comisións de avaliación de cada materia obxecto de exame nas PAAU, presididas polos coordinadores de COU e polos directores de grupos de traballo LOXSE e constituídas, así mesmo, por vocais especialistas da materia en número suficiente para o seu correcto funcionamento, de acordo coa normativa vixente.

2. A Comisión Interuniversitaria nomea os coordinadores de COU e os membros dos seminarios permanentes. Haberá tantos seminarios como materias obxecto de exame, con excepción das materias afíns nas que a comisión adoptará a solución de modo conxunto e operativo. Respecto da súa tarefa, os coordinadores poderán estar asistidos, se a comisión o considera oportuno, por subcoordinadores, que deberán ser profesores numerarios de universidade, do mesmo xeito cós coordinadores.

3. Constitúense grupos de traballo LOXSE das diferentes materias obxecto de exame nas PAAU coa finalidade de asesora-lo director do grupo en cuestións relacionadas co contido das probas de aptitude para o acceso á universidade de alumnos procedentes de bacharelato LOXSE. A Comisión Interuniversitaria, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, establecerá o número de grupos de traballo, determinará a súa composición e as súas funcións e nomeará os seus compoñentes. Para o desenvolvemento das súas funcións, os directores do grupo poderán estar asistidos por subdirectores, que deberán ser profesores numerarios de universidade, do mesmo xeito cós directores, ámbolos dous nomeados pola Comisión Interuniversitaria.

4. O calendario das probas de acceso fixarase coordinadamente en reunión da Comisión Interuniversitaria co SASUG, tendo en conta as posibilidades deste.

5. O exame será común e fixado por sorteo pola Comisión Interuniversitaria a partir, de alomenos, seis propostas solicitadas a cada coordinador de COU ou director de grupo de traballo LOXSE da materia correspondente. A CIUG fará un sorteo público das propostas para determina-los exames que se van empregar. Non haberá anulación das probas como primeira resolución, senón suspensión preventiva e/ou aprazamento dunha determinada proba, sempre que se dese o caso.

6. Para efectos administrativos, e tendo en conta a localización dos centros de ensinanzas medias, establécense LERDs territorializados, onde se instrúan os expedientes e se executen os procedementos administrativos e informáticos ó nivel do usuario (solicitante - centro de EE.MM.) que van asociados á xestión do alumnado no acceso (captura de datos, matrícula, solicitudes, etc.).

7. A captura de datos de BUP, COU e bacharelato LOXSE, tanto académicos como persoais, será responsabilidade da Comisión Interuniversitaria a través das tres universidades, nos formatos previamente acordados co SASUG para a xestión informática. Os centros de EE.MM. facilitaranlle á Comisión Interuniversitaria as actas de COU e/ou as certificacións das cualificacións do bacharelato LOXSE, no soporte informático correspondente cos datos persoais e académicos necesarios para o proceso, segundo as instruccións e dentro dos prazos establecidos pola Comisión Interuniversitaria.

8. O deseño dos documentos correspondentes á solicitude de matrícula das probas de acceso é competencia da Comisión Interuniversitaria, tendo en conta as posibilidades informáticas do sistema. A Comisión Interuniversitaria establecerá para cada centro de ensino medio os lugares, as datas e o procedemento da matrícula das PAAU.

Para facer efectiva a matrícula, os alumnos aboarán os prezos públicos de matrícula establecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

9. Os alumnos poderán solicitar ante o presidente do tribunal a revisión da corrección dos exercicios nos que considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avalicación e/ou específicos de corrección. O prazo de presentación da solicitude de revisión será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións. Os exercicios sobre os que se teña solicitado a revisión corrixiranse por un profesor especialista distinto ó que realizou a primeira corrección. A cualificación resultará da media aritmética de ámbalas correccións, agás nos casos de erros de suma, nos que a cualificación será a que resulte correcta e non a media aritmética. No suposto de que existise unha diferencia de tres ou máis puntos entre ámbalas cualificacións, un tribunal distinto efectuará unha terceira corrección, outorgando a cualificación que resolverá a revisión solicitada. Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de

finalización do prazo establecido anteriormente.

Sobre a cualificación outorgada polo tribunal, resolución que xunto coas actas de cualificación se fará pública no taboleiro da CIUG e nos LERDs, e que terá efectos de notificación oficial ós interesados, os alumnos poderán presentar reclamación ante a comisión organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución do tribunal á que se refire o punto anterior.

A resolución adoptada pola comisión organizadora farase pública simultaneamente na sede da CIUG, nos LERDs e nos rectorados das tres universidades. Tamén se dará conta ó SASUG para que proceda a actualiza-lo seu banco de datos.

En todo caso, contra esta resolución, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia comisión. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

A solicitude de revisión, así como as posteriores reclamacións ás que poida ter dereito, presentaranse a través do LERD que teña asignado o alumno (enténdese que os alumnos quedan adscritos para a presentación e resolución das reclamacións ós LERDs das tres universidades, de acordo coa asignación de centros de ensino medio).

10. As actas das probas de acceso á universidade serán elaboradas polo SASUG a partir das cualificacións outorgadas polo tribunal único e da resolución das reclamacións a estas por parte da CIUG.

A custodia dos expedientes dos alumnos que concorren ás PAAU correspóndelle á universidade respectiva segundo o LERD que teña utilizado o alumno. O arquivo e a custodia das actas de COU e das actas das probas de acceso correspóndelles ás tres universidades. Nestas actas deberán figurar tódolos datos necesarios para a certificación e o traslado dos alumnos. Cada alumno que queira iniciar estudios noutro distrito presentará para os efectos de traslado a solicitude na universidade respectiva segundo o LERD que teña elixido o alumno. Esta universidade será a encargada de tramita-lo traslado e arquiva-los datos correspondentes e comunicalo á CIUG.

I C.-Procedemento propio das solicitudes de admisión para o ingreso no Sistema Universitario de Galicia.

1. As solicitudes de admisión para o ingreso en titulacións con límite de prazas do sistema universitario de Galicia, en cumprimento da normativa vixente, será controlada no seu procedemento pola Comisión Interuniversitaria, co fin de que se cumpra o principio de distrito autonómico.

A Comisión Interuniversitaria estará composta neste caso só polos delegados dos rectores e terá a mesma responsabilidade xeral que nas PAAU. Para a xestión deste procedemento contarase cos medios informáticos do SASUG que, en todo caso, non impedirá que as universidades, facendo uso da súa autonomía, utilicen as súas aplicacións informáticas, compatibles co resto da xestión académica que lles é propia.

2. O calendario para a presentación de solicitudes de admisión para o ingreso, e mailo de desenvolvemento do procedemento fixarase coordinadamente en reunión da Comisión Interuniversitaria co SASUG. Para todo o sistema universitario abriranse os mesmos prazos e datas de solicitude de admisión. Os documentos formalizados da solicitude serán comúns e deseñados coordinadamente. En todo caso, para os alumnos que superen as PAAU na convocatoria de xuño abrirase o prazo para as solicitudes de admisión despois de publicados os límites de prazas e as cualificacións correspondentes. Unha vez publicadas as cualificacións de setembro, abrirase un prazo de solicitude de admisión para aqueles alumnos que non o fixesen en ningún outro prazo no curso actual.

3. A solicitude de admisión para o ingreso, debidamente cuberta e dirixida á Comisión Interuniversitaria, entregarase nalgún dos LERDs existentes. Dado que hai titulacións repetidas en campus distintos, cada alumno poderá indicar na súa solicitude ata cinco titulacións diferentes cun máximo de dez localizacións, no caso de titulacións autorizadas en máis dun centro. A CIUG, a través das universidades, encargarase de que tódalas solicitudes sexan trasmitidas ou enviadas ó SASUG, segundo o procedemento establecido pola CIUG e que, en todo caso, non pode impedi-lo desenvolvemento das aplicacións informáticas propias de cada universidade.

A universidade determinará a non-admisibilidade a trámite das instancias que non reúnan os requisitos legais ou regulamentariamente establecidos. Contra a non-admisibilidade a trámite poderase presentar ante o presidente da CIUG reclamación nos prazos establecidos.

4. O SASUG, segundo as instruccións da Comisión Interuniversitaria, fará a listaxe de asignación de prazas por titulacións e centros, segundo as opcións manifestadas polos alumnos no impreso de solicitude e atendendo ós seus datos académicos introducidos. Tódolos alumnos serán asignados nas listas de convocados á matrícula ou de espera, tendo en conta, de entre as súas opcións, a primeira das posibles. Esta asignación estará condicionada ó cumprimento dos requisitos.

Na convocatoria de setembro non se ofertarán as titulacións que teñan tódalas prazas esgotadas coa matrícula dos alumnos da convocatoria de xuño ou aquelas nas que a CIUG estimara que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar vacantes prazas previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

5. O SASUG transmitiralles ás universidades, para que o incorporen ó seu sistema informático, toda a información respecto das listas completas de asignación de prazas no sistema universitario, indicando as posibilidades de ingreso en relación co distrito autonómico.

6. A Comisión Interuniversitaria, ben por si, ou por medio das universidades, procederá a facer pública a relación de alumnos que foron admitidos nas distintas titulacións, establecendo o prazo para formaliza-la matrícula.

7. Cada universidade custodia a documentación correspondente ós alumnos que presentaron a súa solicitude en calquera dos LERDS desa universidade.

8. Os titulados universitarios, os de FP2, os de módulos profesionais de nivel 3 e os de ciclos formativos de grao superior, que soliciten a súa admisión en titulacións universitarias con límite de praza, deberán estar en posesión do título que os habilita para o acceso no momento de face-la solicitude. Estes solicitantes, así como os estranxeiros, os alumnos de anos anteriores e os alumnos doutros distritos universitarios, dos que non se dispón de datos informatizados, xa que achegan un expediente novo, teñen que presenta-la solicitude anticipada, nun dos LERD da universidade da súa elección. As universidades recollerán os datos persoais e académicos destes colectivos e introduciranos no soporte informático como determine a Comisión Interuniversitaria, de acordo coas posibilidades informáticas da aplicación. No caso de estudiantes con titulación universitaria ou equivalente e de estudiantes nacionais de países non comunitarios nin do espacio económico europeo, haberá un único prazo

de solicitude correspondente á convocatoria de xuño.

No caso de que os solicitantes provenientes da formación profesional (FP2, módulos profesionais de nivel 3 e ciclos formativos de grao superior) presenten a mesma nota media final para os efectos de acceso a ensinanzas universitarias, de xeito que a demanda de prazas sexa superior á oferta, resolverase o desempate aplicando o procedemento descrito na resolución do MEC do 25 de abril de 1996 (BOE do 7 de maio). De persisti-lo empate, trala aplicación desta normativa, resolverase a admisión utilizando como criterio de adxudicación a realización dun sorteo público para obte-la letra inicial do primeiro apelido dos solicitantes a partir da cal efectua-la distribución das prazas, de acordo co procedemento descrito na Resolución do 3 de xuño de 1998 (BOE do 18 de xuño), da Dirección Xeral de Ensino Superior e Investigación Científica, pola que se modifica parcialmente a do 25 de abril de 1996.

Este procedemento de desempate aplicarase tamén ós alumnos que cursasen módulos profesionais de carácter experimental, unha vez obtida a nota media final cuantitativa na forma establecida no punto sexto, e ós alumnos procedentes de ciclos formativos.

9. A reclamación dun alumno respecto da resolución da súa solicitude de admisión dirixirase ó presidente da Comisión Interuniversitaria, a través do LERD no que presentou a súa solicitude. A resolución da reclamación correspóndelle á CIUG e será asinada polo delegado do rector da universidade á que pertence a titulación que motivou a reclamación e seralle comunicada ó interesado, a través das listas de asignación, ou dunha notificación persoal indicándoselle, de se-lo caso, o prazo para matricularse.

A resolución da reclamación ó procedemento de ingreso en titulacións con límite de prazas será resolta pola CIUG e será asinada polo seu presidente, e pon fin á vía administrativa. Contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia comisión, que porá fin á vía admi

nistrativa. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

No caso de impugnación xudicial para o ingreso nunha titulación, a administración demandada será a universidade responsable da titulación na que pretende ingresa-lo alumno. En materia de persoal a responsabilidade, no caso de demanda, corresponderá a cada universidade.

Unha vez considerada a resolución da reclamación dentro do sistema universitario, o SASUG procederá, seguindo as instruccións da Comisión Interuniversitaria, a actualiza-las bases de datos existentes e as listas de asignación. Posteriormente, cada universidade recibirá a nova lista de asignación.

10. Os estudiantes que reúnan os requisitos para solicita-la admisión por máis dunha vía de acceso (xeral e/ou porcentaxe de reserva) poderán facer uso da devandita posibilidade.

11. Das prazas totais de cada titulación as universidades reservarán para os distintos colectivos as porcentaxes de prazas que se sinalan a continuación:

Distrito compartido: as universidades reservarán para os estudiantes ós que lle corresponde outra universidade un número de prazas que será o que determine o Consello de Universidades.

Para os estudiantes que posúan unha titulación universitaria ou equivalente que non lles permita o acceso ó segundo ciclo dos estudios que pretendan cursar, reservarase unha porcentaxe do 2 por 100 das prazas totais de cada titulación.

Para os estudiantes nacionais de países non comunitarios nin do espacio económico europeo que teñan superadas as probas de acceso ás universidades españolas no ano que corre ou no inmediatamente anterior e sempre que os seus respectivos estados apliquen o principio de reciprocidade nesta materia, reservarase unha porcentaxe do 2 por 100 das prazas totais de cada titulación.

Para os estudiantes que teñan superados os estudios de formación profesional que facultan para o acceso directo ás ensinanzas universitarias que, en cada caso, se determinen, tendo en conta a súa relación cos estudios de formación profesional que teñan cursado, e de acordo coa reducción progresiva das porcentaxes de prazas para reservar, disposta na disposición transitora primeira do Real decreto 69/2000, do 21 de xaneiro, as porcentaxes de prazas para reservar serán as seguintes:

Cando se trate de estudios universitarios conducentes á obtención de títulos oficiais de só primeiro ciclo:

Para o curso 2000-2001: o 23 por 100 das prazas.

Para o curso 2001-2002: o 19 por 100 das prazas.

Para o curso 2002-2003: o 15 por 100 das prazas.

Cando se trate de estudios universitarios conducentes á obtención de títulos universitarios de primeiro e segundo ciclo, a porcentaxe de prazas para reservar será dun 7 por 100 das totais de cada titulación.

Para os estudiantes con discapacidade reservarase un 3 por 100 das prazas totais de cada titulación cando teñan recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ó 33 por 100, ou padezan menoscabo total da fala ou perda total da audición, así como para aqueles estudiantes con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a condicións persoais de discapacidade que durante a súa escolarización anterior precisasen recursos extraordinarios. O certificado, dictame ou procedemento de valoración da minusvalidez terá que realizalo o órgano competente de cada Comunidade Autónoma.

Para os estudiantes que, reunindo os requisitos académicos correspondentes, o Consello Superior de Deportes cualifique e publique como deportistas de alto nivel antes do 15 de xuño do ano que corre, ou que cumpran as condicións que estableza o Consello de Universidades, reservarase unha porcentaxe de prazas do 2 por 100 das prazas totais de cada titulación e, adicionalmente, o 5 por 100 das prazas correspondentes á licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

12. En virtude do disposto no artigo 13.4º do Real decreto 69/2000, do 21 de xaneiro (BOE do 22), as prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir serán acumuladas ás ofertadas polas universidades polo réxime xeral, en cada unha das convocatorias de preinscrición.

13. Para os estudiantes maiores de vintecinco anos que teñan superadas as probas específicas de acceso á universidade previstas no artigo 53.5º da Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) reservarase unha porcentaxe do 2 por 100 das prazas totais de cada titulación.

I D.-O procedemento propio do distrito compartido.

1. O Consello de Universidades ten atribuídas, actualmente, as competencias sobre o distrito compartido.

2. O impreso de solicitude é deseñado polo Consello de Universidades; as universidades encargaranse da súa distribución e divulgación.

3. O calendario do distrito compartido fíxase no Consello de Universidades en reunión coas Comunidades Autónomas (distritos autonómicos). A Xunta de Galicia fará vale-los intereses das universidades de Galicia nas reunións de programación.

4. Os alumnos de Galicia non poden acollerse dentro da Comunidade Autónoma ó distrito compartido, xa que pertencen ó sistema de distrito autonómico. Precisamente por iso, ningún alumno do distrito compartido ingresará cunha nota inferior á nota de corte inicial determinada pola solicitude de admisión ordinaria en cada titulación.

5. As solicitudes de distrito compartido para fóra de Galicia serán presentadas por cada alumno na universidade galega que elixa como universidade de orixe. Presentarán tantos impresos de solicitude como tantas sexan as universidades distintas que soliciten.

A universidade galega de orixe é a encargada de remitirlle a cada universidade de fóra de Galicia as peticións de prazas correspondentes ós alumnos galegos.

6. Cada universidade galega recibe tódalas solicitudes de prazas para os seus centros que lle chegan desde o resto das universidades españolas polo distrito compartido e procede a gravar e a envía-los datos ó Consello de Universidades polo procedemento que se estableza.

7. A Dirección Xeral de Universidades, a través do SASUG, remitiralle ó Consello de Universidades a nota de corte para cada titulación do sistema universitario galego, subliñando que o distrito compartido está limitado ó número de prazas establecido cada ano polo Consello de Universidades.

8. As universidades elaborarán a lista de asignación de prazas do distrito compartido para as titulacións de Galicia, informando en cada caso da opción estimada e das desestimadas e da lista de espera en cada titulación.

9. As universidades notificaranlle ó interesado a súa admisión na titulación e o prazo de matrícula establecido.

10. A reclamación dun alumno ó que se lle denegue unha opción irá dirixida ó rector da universidade á que pertence a opción denegada, que resolverá o que proceda.

11. As universidades son as responsables de notificarlle ó alumno a estimación ou desestimación da súa reclamación, sendo depositaria e responsabilizándose da custodia dos documentos correspondentes ás solicitudes dos alumnos que piden praza nas súas titulacións.

I E.-Procedemento propio do ingreso dos maiores de 25 anos.

1. As probas dos maiores de 25 anos teñen a súa regulamentación nas O.M. do 24 de febreiro e Orde do 26 de maio de 1971. Así mesmo, a Lei 1/1990, do 3 de outubro, fai unha referencia a estas probas ó igual que o Real decreto 704/1999, do 30 de abril e mailo R.D. 69/2000, do 21 de xaneiro (BOE do 22), coas peculiaridades establecidas nas súas convocatorias.

2. A normativa outórgalles ás universidades a competencia para realiza-las probas de maiores de 25 anos. A proba ten que ser convocada entre o 1 de febreiro e o 31 de marzo.

A normativa prescribe, en xeral:

-Valoración do currículo do solicitante.

-Aprobación por parte do MEC do sistema de probas que hai que empregar por cada universidade.

-Tipos de probas.

-Necesidade de que se inscriba o alumno no centro da súa elección logo de aproba-las probas.

3. Para homoxeneiza-lo procedemento, cómpre fixa-lo modelo do seguinte xeito:

-Convocatoria xeral única de probas de maiores de 25 anos para acceder ó sistema universitario de Galicia, dirixida ós que, cumpridos 25 anos o día 1 de outubro do ano natural no que se realizan as probas, non posúan titulación ningunha que os habilite para

accederen á universidade polos procedementos ordinarios.

-Comisión Interuniversitaria única para o sistema universitario para os efectos de directrices comúns de calendario, temario, exame, etc. A Comisión Interuniversitaria estará composta polos tres delegados dos rectores.

-Exame único elixido ó chou na Comisión Interuniversitaria a partir de, alomenos, tres propostas do tribunal.

-Tribunal nomeado pola Comisión Interuniversitaria.

4. A Comisión Interuniversitaria deseñará os impresos normalizados de matrícula coordinadamente co SASUG. A gravación de datos destes alumnos farase no LERD que elixa o alumno para matricularse das probas. Estes datos serán enviados ou transmitidos ó SASUG seguindo as instruccións da CIUG.

Cada universidade é depositaria e custodia os expedientes dos alumnos que se lle matriculen nas probas de maiores de 25 anos.

A realización dos trámites de matrícula para as probas nunha universidade non xera dereito de preferencia de prazas.

5. Haberá un tribunal único e común para o exame e convocarase sempre que sexa posible a un único lugar de exame. O tribunal ten competencias para realiza-la proba e verifica-los coñecementos dos alumnos.

6. As actas das probas serán elaboradas polo SASUG a partir das cualificacións outorgadas polo tribunal único, unha vez resoltas as reclamacións interpostas a estas. O arquivo e a custodia das actas das probas de acceso correspóndelles ás tres universidades e á Comisión Interuniversitaria.

Tódalas reclamacións respecto das cualificacións das probas serán dirixidas ó presidente da Comisión Interuniversitaria a través dos LERDs. As reclama

cións serán resoltas pola Comisión Interuniversitaria trala revisión dos exames reclamados por parte dos membros do tribunal designados pola devandita comisión. A resolución será asinada polos tres delegados dos rectores na comisión.

Esta resolución, que esgota a vía administrativa, farase pública pola Comisión Interuniversitaria na sede da CIUG e seralles comunicada ós LERDs e ós rectorados das tres universidades. Tamén se dará conta desta ó SASUG. Contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes perante a propia comisión, que porá fin á vía administrativa. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición. O recurso de reposición será resolto polo presidente da CIUG.

7. Para os alumnos aprobados nestas probas, a Comisión Interuniversitaria establecerá os prazos para a presentación das solicitudes de admisión para o ingreso que, debidamente cuberta, se dirixirá á Comisión Interuniversitaria e que se entregará nalgún dos LERDs existentes. Dado que hai titulacións repetidas en diferentes campus, cada alumno poderá indicar na súa solicitude ata cinco titulacións diferentes cun máximo de dez localizacións, no caso de titulacións autorizadas en máis dun centro.

A superación das probas habilita o alumno para matricularse no SUG no curso académico para o que fixo as probas ou, como máximo, no curso seguinte.

8. O procedemento que hai que seguir no caso de reclamación e/ou impugnación xudicial será o establecido no ingreso en centros do sistema xeral.

9. Os custos derivados das sentencias xudiciais no caso das reclamacións orixinadas por normativas emanadas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recaerán na devandita consellería.

ANEXO II

Tarefas de xestión para a incorporación ó sistema universitario de Galicia: PAAU

Captura de datos de COU e LOXSE

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de

EE.MM.

Deseño aplicación de captura de datos persoais e académicos de BUP, COU e LOXSE en soporte magnéticoX (SASUG)

Envíos dos disquetes co programa XACEM ós centros de EE.MM.X

Cubri-los datos dos alumnos (persoais e académicos) nos disquetesX

Incorporación de datos de BUP, COU e LOXSE á base de datosX

Deseño da guía de acceso á universidadeX (coordinado)

Confección da guía de acceso á universidadeX (coordinado)

Envío da guía de acceso á universidade ós centros de EE.MM.X

Proceso de xuño/setembro

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de

EE.MM.

Deseño de actas de COUX (SASUG)

Envío do papel de actas de COU ós centros de EE.MM.X

Cubri-las notas nas actas e envío á universidade (LERD)X

Deseño e confección da folla de liquidación de taxas PAAUX (coordinado)

Envío da folla de liquidación de taxas PAAU ós centros de EE.MM.X

Sesións informativas ós centros de EE.MM. sobre as PAAUXX

Deseño do documento de solicitude de matrícula (COU e LOXSE)X (coordinado)

PAAU de xuño/setembro

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de

EE.MM.

Calendario e fixación de examesX

Matrícula anticipada das PAAU, mesmo convocatoria e gravaciónX (convocatoria)X (matrícula e

gravación)

Matrícula ordinaria das PAAU, mesmo convocatoria e gravaciónX (convocatoria)X (matrícula e

gravación)

Avaliación e realización das probasX

Nota final (incluído a do expediente) e publicidadeX

Comunicación ós centros de EE.MM.XX

Custodia de documentosX

Deseño de solicitude de reclamacións ás notas de PAAUX

Reclamacións: recepción, resolución e notificaciónX (resolución e

notificación)

X (recepción)

Material das PAAU (papel, bolígrafos, cabeceiras de exame, etc.)X

Axudas de custo e gastos das Coms. Dels./Aval. e auxiliares das PAAUX

Tarefas de xestión para a incorporación ó sistema universitario de Galicia: solicitude da admisión

para o ingreso

Solicitude de admisión para o ingreso

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de

EE.MM.

Deseño de documentos de admisión para lectura óptica (PAAU e FP)X (coordinado)

Deseño de documentos para gravación doutros colectivosX (coordinado)

Fixación do calendarioX (coordinado)

Gravación de datos doutros colectivos (solicitude anticipada)X

Convocatorias de matrículaX (prazos)X (convocatoria)

Custodia de documentosX

Informatización de solicitudes (lectura óptica)X

Asignación de prazasX (SASUG)

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de

EE.MM.

Comunicación da asignación ás universidadesX

Notificación da admisión ós alumnosX

Recepción de reclamaciónsX

Resolución de reclamacións e notificación ós solicitantesX

Actualización das listas de asignaciónX (SASUG)

Modificación da aplicaciónX (coordinado)

Tarefas de xestión para a incorporación ó sistema universitario de Galicia: distrito compartido

Distrito compartido

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesConsello de

Universidades

Deseño e distribución de impresos de solicitudeX

Fixación do calendario e normasX

Recepción e envío de solicitudes para titulacións de fóra de GaliciaX

Recepción de solicitudes para as universidades de GaliciaX

Gravación e envío ó C.U. de solicitudes en universidades galegasX

Listaxe de notas de corte para o C.U.X (SASUG)

Confección de listas de asignación de prazas e de esperaX

Envío ó Consello de Universidades das listas de asignaciónX

Notificación da admisión ós alumnosX

Recollida de reclamaciónsX

Resolución de reclamaciónsX

Notificación das reclamacións estimadas á CIUG e ó SASUGX

Actualización das listas de asignaciónX (SASUG)

Notificación ós alumnos do resultado da reclamaciónX

Custodia de documentosX

Tarefas de xestión para a incorporación ó sistema universitario de Galicia: maiores de 25 anos

Maiores de 25 anos

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de

EE.MM.

Convocatoria, exame e avaliaciónX

Matrícula das probasX (convocatoria)X (matrícula-

gravación)

Acordos de calendario e proposta de exameX (coordinado)

Deseño de impresos de matrículaX (coordinado)

Depósito e custodia de expedientesX

Captura de datos no sistema informáticoX

Envío de datos de alumnos ó SASUGX

Avaliación e realización das probasX

Cualificación final e comunicación ós alumnosX

Reclamacións: recepción, resolucións e notificaciónX (resolución e

notificación)

X (recepción)

Custodia de documentosXX

ActividadeOrzamentoResponsable

Comisión

Interuniversitaria

UniversidadesCentros de

EE.MM.

Material das probas (confección de cabeceiras de exame, papel, bolígrafos, etc.)X

Axudas de custo e gastos do persoal das probas de accesoX

Informatización de solicitudes (lectura óptica)X

Asignación de prazasX (SASUG)

Comunicación da asignación ás universidadesX

Notificación da admisión ós alumnosX

Recepción de reclamaciónsX

Resolución de reclamacións e notificación ós solicitantesX

Actualización das listas de asignaciónX (SASUG)

Modificación da aplicaciónX (coordinado)

ANEXO III

A Comisión Interuniversitaria terá a seguinte composición:

1. Para as probas de aptitude para o acceso á universidade: un presidente e dous vicepresidentes, por parte das universidades, e tres vocais por parte dos centros de ensino medio designados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Presidente: Manuel R. Bermejo Patiño (delegado do rector da Universidade de Santiago de Compostela).

Vicepresidentes: Carlos Hervés Beloso (delegado do rector da Universidade de Vigo).

Santiago B. Tarrío Carrodeguas (delegado do rector da Universidade da Coruña).

Vocais: Pilar Piñeiro Vázquez.

Pablo Porta Martínez.

Juan Luis Saco Cid.

2. Para o resto dos procedementos, a comisión estará composta polos tres membros designados polas universidades.

ANEXO IV

TitulaciónOpción COUOpción LOXSE

ABCD12345

Administración e Dirección de Empresas (Lic.)******

Arquitectura****

Belas Artes (Lic.)*********

Bioloxía (Lic.)****

CC.da Actividade Física e Deporte-INEF (Lic.)*********

Ciencias do Mar (Lic.)****

Ciencias Políticas e da Administración (Lic.)*********

Dereito (Lic.)*********

Economía (Lic.)******

TitulaciónOpción COUOpción LOXSE

ABCD12345

Enxeñería de Camiños, Canais e Portos****

Enxeñería Industrial****

Enxeñería en Informática**

Enxeñería de Minas****

Enxeñería Naval e Oceánica****

Enxeñería Química****

Enxeñería de Telecomunicacións**

Farmacia (Lic.)**

Filoloxía Alemana (Lic.)**

Filoloxía Clásica (Lic.) (S.L.)**

Filoloxía Francesa (Lic.) (S.L.)**

Filoloxía Galega (Lic.)**

Filoloxía Hispánica (Lic.) (S.L.)**

Filoloxía Inglesa (Lic.)**

Filoloxía Italiana (Lic.) (S.L.)**

Filoloxía Portuguesa (Lic.) (S.L.)**

Filoloxía Románica (Lic.) (S.L.)**

Filosofía (Lic.) (S.L.)*********

Física (Lic.)****

Historia (Lic.)*****

Historia da Arte (Lic.)*****

Humanidades (Lic.)*********

Matemáticas (Lic.)****

Medicina e Cirurxía (Lic.)**

Odontoloxía (Lic.)**

Pedagoxía (Lic.)*********

Psicoloxía (Lic.)*********

Publicidade e Relacións Públicas (Lic.)*********

Química (Lic.)****

Socioloxía (Lic.)*********

Traducción e Interpretación (Lic.)*********

Veterinaria (Lic.)**

Xeografía (Lic.)*********

Xornalismo (Lic.)*********

Arquitectura Técnica****

Biblioteconomía e Documentación (Dipl.)*********

TitulaciónOpción COUOpción LOXSE

ABCD12345

Ciencias Empresariais (Dipl.)******

Educación Social (Dipl.)*********

Enfermería (Dipl.)**

Fisioterapia (Dipl.)**

Máquinas Navais (Dipl.)****

Navegación Marítima (Dipl.)****

Óptica e Optometría (Dipl.)****

Podoloxía (Dipl.)**

Relacións Laborais (Dipl.)*********

Terapia Ocupacional (Dipl.)*********

Traballo Social (Dipl.)*********

Turismo (Dipl.)*********

Xestión e Administración Pública (Dipl.)*********

E.T. Agr. en Explotacións Agropecuarias****

E.T. Agr. en Hortofruticultura e Xardinería****

E.T. Agr. en Industrias Agrarias e Alimentarias****

E.T. Agr. en Mecaniz. Agraria e Const. Rurais****

E.T. Forestal en Explotacións Forestais****

E.T. Forestal en Industrias Forestais****

E.T. Industrial****

E.T. Industrial en Electricidade****

E.T. Industrial en Electrónica Industrial****

E.T. Industrial en Mecánica****

E.T. Industrial en Química Industrial****

E.T. en Deseño Industrial*****

E.T. en Informática de Sistemas**

E.T. en Informática de Xestión**

E.T. Naval en Estructuras Mariñas****

E.T. Naval en Propulsión e Serv. do Buque****

Mestre en Audición e Linguaxe*********

Mestre en Educación Especial*********

Mestre en Educación Física*********

Mestre en Educación Infantil*********

Mestre en Educación Musical*********

Mestre en Educación Primaria*********

Mestre en Lingua Estranxeira*********

A vinculación das titulacións universitarias coa opción cursada no COU ou no bacharelato LOXSE, regúlase pola O.M. do 30 de maio de 1995 (BOE do 7 de xuño), O.M. do 26 de decembro de 1996 (BOE do 10 de xaneiro de 1997), O.M. do 28 de agosto de 1998 (BOE do 9 de setembro), O.M. do 6 de maio de 1999 (BOE do 8 de maio) e O.M. do 25 de novembro de 1999 (BOE do 30 de novembro).

As opcións do curso de orientación universitaria (COU) e do bacharelato LOXSE que figuran no cadro anterior son as seguintes:

-Opcións do COU:

A. Científico-tecnolóxica.

B. Biosanitaria.

C. Ciencias sociais.

D. Humanidades.

-Opcións do bacharelato LOXSE:

1. Científico-técnica.

2. Ciencias da saúde.

3. Humanidades.

4. Ciencias sociais.

5. Artes.

Cando no conxunto de materias optativas cursadas polo alumno na súa opción figuran as obrigatorias doutra, terá os dereitos de preferencia que conceden as dúas opcións.