Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.576

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

POXA de armas.

Ás 9 horas do día 25 de marzo de 2000 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas no lugar de Lonzas-San Cristovo, a poxa de armas composta de 569 lotes de armas, entre escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 20, 21, 22, 23 e 24 de marzo no dito acuartelamento, de 9 a 14 horas, momento no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega destes coas ofertas concluirá ás 13 horas do día 24 de marzo.

Poden concorrer a elas as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 17 de febreiro de 2000.

José Furelos Mogo

Tenente coronel primeiro xefe da Comandancia

da Garda Civil da Coruña