Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de rectificación do proxecto de reparcelación da U.E. I-07 Rosalía de Castro 3. (Expediente 3793/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 24 de febreiro de 2000, acordou aprobar inicialmente a rectificación do proxecto de reparcelación da U.E. I-07 Rosalía de Castro, 3 (expediente 3793/411), aprobado polo Concello Pleno en sesión do 21 de marzo de 1997, e a súa corrección de erros aprobada polo mesmo órgano con data do 30 de abril de 1999, no sentido de modifica-la descrición do predio nº 3 do plano de información de propiedades no epígrafe «Descrición técnica» nos seguintes termos:

Onde di: «TÉCNICA: resto de 44 m da agrupación dos predios descritos (que tiñan unha superficie total de 280 m segundo expediente de expropiación da rúa Rosalía de Castro do ano 1960); para a apertura daquela ocupáronse polo Concello de Vigo 236 m, restando no interior da unidade de execución os 44 m que se citan.

Lindeiros: norte Livors, S.L. (predio nº 4 dos descritos neste expediente); sur, leste e oeste, terreos cedidos ó Concello de Vigo para vías».

Debe dicir: «TÉCNICA: resto de 44 m procedente do predio nº 2.856 descrito como nº 2 do devandito

predio nº 3 dos achegados, cos datos de identificación e lindeiros antes expresados (os dous predios descritos co nº 1 e 2 do denominado predio nº 3 dos achegados tiñan unha superficie total de 280 m segundo expediente de expropiación da rúa Rosalía de Castro do ano 1960. Para a apertura daquela ocupáronse polo Concello de Vigo 236 m, restando no interior da unidade de execución os 44 m que se citan e que formaban parte do nº 2).

Lindeiros: norte Livors, S.L. (predio nº 4 dos descritos neste expediente); sur, leste e oeste, terreos cedidos ó Concello de Vigo para vías».

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días con citación persoal dos interesados e a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde o día de publicación do DOG.

A documentación atópase á disposición do público na oficina de información sita na planta baixa da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para tódolos propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 1 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo