Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.576

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 3 de marzo de 2000 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, da Secretaría do Xulgado Mixto número un de Noia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

Data 28 de febreiro de 2000. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela s/n -A Coruña-. Confírmase o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 18-2-2000, polo cal se nomea secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia, en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia da Coruña.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia, Celia Carmen Rodríguez Arias.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez. Xerente territorial. Hai un carimbo de saída da xerencia territorial.

Así mesmo, faise constar que contra o acordo do dito nomeamento, efectuado pola Sala de Goberno do 18 de febreiro de 2000, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; rógase que envíe a esta presidencia un exemplar no que se realice aquela, para a debida constancia no expediente.

A Coruña, 3 de marzo de 2000.

Jesús Souto Prieto

Presidente