Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIÓS

ANUNCIO.

Unha vez que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 16 de decembro de 1999, aprobou o escudo heráldico deste concello, de conformidade co que establece o artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sométese a información pública durante o prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para os efectos de que os interesados presenten as reclamacións que consideren convenientes.

Riós, 26 de xaneiro de 2000.

Francisco Armando Veiga Romero

Alcalde