Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

Aprobado inicialmente o 6-8-1999 o proxecto de compensación da Unidade de Execución Integral 3 (UEI-3), sito en Samoedo, redactado polo arquitecto José Manuel Arias Illanes, e presentado polo propietario da totalidade dos terreos Arievan, S.L., sometido a información pública de modo regulamentario no xornal El Ideal Gallego no DOG nº 160, do 19-8-1999, sen que se presentase reclamación, esta alcaldía resolve:

Primero.-Aprobar definitivamente o proxecto de compensación da UEI-3 en Samoedo.

Segundo.-Determinar que a formalización do proxecto de compensación se efectúe mediante escritura pública por conta do interesado e sexa inscrito no Rexistro da Propiedade, na forma que establece o artigo 310.3º e 5º da Lei do solo.

Teceiro.-Incorporar ó patrimonio municipal, para afectalo ós usos previstos nas normas subsidiarias de planemento, os terreos que por ser de cesión gratuíta e obrigatoria quedan cedidos de dereitos ó concello.

Cuarto.-Que se publique este acordo no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia o acordo de aprobación definitiva, con notificación ó propietario.

Contra este acordo, que pon fín á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Galicia no prazo de dous meses contados deste o día seguinte ó da notificación deste acordo.

Sada, 16 de febreiro de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde