Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO IRIXO

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, Lei do 16-12-1954 e con

cordantes do seu regulamento, declarada a urxente ocupación polo Decreto 17/2000, do 12 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia nº 21, do 1 de febreiro) dos bens e dereitos necesarios para a execución da obra de abastecemento a Espiñeiros e Pedriña, fáiselles saber a tódolos interesados afectados por esta expropiación que o décimo quinto día hábil seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, ás doce da mañá e na casa do concello, sen prexuízo de desprazarse ó lugar onde están situados os terreos, procederase ó levantamento das actas previas á ocupación. Ata ese momento poderán formular por escrito as alegacións que se consideren pertinentes para os únicos efectos de corrixir posibles erros na relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación.

ANEXO

Predio nº 1. Propietario: Emérita Rascado Pousada. Bens: predio nº 1 (nº 38 do catastro 59 plano 61-b, polígono 59). Superficie: 45 m. Extensión que se vai expropiar: 45 m.

Predio nº 2. Propietario: Florentino Oliveira. Bens: predio nº 2 (nº 109 do catastro 59 - plano 61-b, polígono 59). Superficie: 563 m. Extensión que se vai expropiar: 20 m.

Predio nº 3. Propietario: Florentino Oliveira. Bens: predio nº 3 (nº 172 do catastro 59 - plano 61-b, polígono 59). Superficie: 423 m. Extensión que se vai expropiar: 28 m.

Predio nº 4. Propietario: Emérita Rascado Pousada. Bens: predio nº 4 (nº 182 do catastro 59 plano 61-b, polígono 59). Superficie: 211 m. Extensión que se vai expropiar: 40 m.

O Irixo, 1 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado