Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T., R.B.T. Castroncelos, no concello da Pobra de Brollón. (Expediente 35/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez, 45, Ourense, que en escrito do 26-5-1999 solicitou aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación L.M.T., C.T., R.B.T. Castroncelos-Santo Adrián, concello da Pobra de Brollón.

Visto que Unión Fenosa, S.A., mediante escrito de 9-12-1999 e atendendo ás alegacións presentadas por Manuela Marzabal de la Fuente e outros, opoñéndose a L.M.T., C.T., R.B.T. de Santo Adrián, solicita que se prosiga a tramitación do expediente, unicamente na parte do proxecto correspondente a L.M.T., C.T., R.B.T. de Castroncelos, desistindo da solicitude inicial en canto á parte L.M.T., C.T., R.B.T. Santo Adrián.

Visto que conforme o establecido no artigo 91.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se deu traslado da dita solicitude de desistencia ós afectados sen que se formulase oposición a ela.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, sen que se presentasen alegacións nin oposición ó trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Castroncelos na fase de información pública.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Ley 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea o C.T. de Castroncelos, tensión nominal de 20 kV, orixe no P-13 da L.M.T. ó C.T. de Salcedo e remate no C.T. de Castroncelos, cunha lonxitude de 0,08 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 2 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie de Castroncelos, situado en Castroncelos, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea de Castroncelos, con orixe no C.T. de Castroncelos, unha lonxitude de 2,575 km e 27 apoios de formigón e 6 de fibra de vidro.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Aproba-lo seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de 3 de agosto de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de predios que se expón no taboleiro de edictos do Concello da Pobra de Brollón, deducida da que se someteu a información pública no BOP de Lugo, do 29 de outubro de 1999, Diario Oficial de Galicia, do 12 de novembro de 1999 e no xornal El Progreso, do 22 de outubro de 1999, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 10 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo