Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Alvidrón-Mancegar-Feás (concello de Antas de Ulla) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 26/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazo das liñas eléctricas de referencia, as cales contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Fenosa, S.A.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea Alvidrón, de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. Reboredo e remate no C.T. de Alvidrón, cunha lonxitude de 0,554 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 7 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie emprazado en Alvidrón, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea Alvidrón-Mancegar-Feás, con orixe no C.T. Alvidrón, cunha lonxitude de 2,7 km e 40 apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 26/1998Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T., Alvidrón-Macegar-FeásTermo municipal: Antas de Ulla

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Lama de OuteiroPradoManuel Guerra GuerreiroAvda. de Hércules, 112-2º D, A Coruña315

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3Lama de OuteiroPradoJesús Viña ValínMancegar-Alvidrón, s/n, Antas de Ulla-Lugo1-2384840

8XuncalPradoJulia Bargados Guerrar/ Wenceslao Calvo Carra, 7, 36500 Lalín-Pontevedra27270

10XuncalPradoJesús Viña ValínMancegar-Alvidrón, s/n, 27579 Antas de Ulla-Lugo10

12XuncalPradoJesús Viña ValínMancegar-Alvidrón, s/n, 27579 Antas de Ulla-Lugo2100

14XuncalPradoCésar Souto UlloaAvda. dos Caídos, 38-1º D, 15009 A Coruña24240