Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de febreiro de 2000, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00958-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 de Argentaria, Caixa Postal e Banco Hipotecario, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2000.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: LU-00958-I-1999.

Matrícula: LU-7742-U.

Denunciante: LE90ROO33305733.

Denunciado: José Antonio Varela López.

Último enderezo coñecido: Quiroga, 51, 4º D, 274 Lugo.

Feito denunciado: realizar transporte público de mercadorías (paquetería) carecendo da tarxeta de transportes.

Data: 30-6-1999.

Hora: 12.15.51.

Precepto infrinxido: artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 50.000 ptas.