Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector do comercio de mobles da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector do comercio de mobles da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-2-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas del Comercio de Muebles de A Coruña e, da parte social, por CC.OO, UGT e CIG, o día 4-2-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Gali

cia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as empresa do comercio de mobles da Coruña

Acta

Asistentes:

Parte empresarial:

Miguel Agromayor Vázquez.

Fernando Fernández Fernández.

José Fernández Bonome.

Parte social:

José Ramón Grela Castro (CC.OO.).

Nieves Montes Patiño (UGT).

Lois Soto Sabio (CIG).

Na Coruña, sendo as 12 horas do día 4 de febreiro de 2000 reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo provincial para as empresas do sector do comercio de mobles.

O punto único é a elaboración das táboas salariais para o ano 1999 en aplicación do artigo 3º do convenio.

Acórdase:

1. Elabora-las mencionadas táboas para o ano 1999, incrementando o 2,5%, por se-lo IPC previsto polo Goberno en tódolos conceptos económicos.

2. Aproba-las táboas que se xuntan para a súa publicación no BOP.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, sendo as 12.30 horas da data arriba indicada.

Convenio colectivo provincial para as empresas

do comercio de mobles da Coruña

Táboas salariais 1999

CategoríaSalariosCómputo anual

Grupo I

Persoal técnico titulado

Titulado grao superior126.359 ptas.1.895.385 ptas.

CategoríaSalariosCómputo anual

Titulado grao medio117.953 ptas.1.769.295 ptas.

ATS101.110 ptas.1.516.650 ptas.

Grupo II

Persoal mercantil non titulado

Director153.071 ptas.2.296.065 ptas.

Xefe de persoal126.359 ptas.1.895.385 ptas.

Xefe de compras126.359 ptas.1.895.385 ptas.

Xefe de vendas126.359 ptas.1.895.385 ptas.

Encargado xeral126.359 ptas.1.895.385 ptas.

Encargado de establecemento117.953 ptas.1.769.295 ptas.

Persoal mercantil propiamente dito
Dependente de 25 anos en diante97.319 ptas.1.459.785 ptas.

Corredor de praza98.222 ptas.1.473.330 ptas.

Aprendiz de 1º ano65.905 ptas.988.575 ptas.

Aprendiz de 2º ano68.671 ptas.1.030.065 ptas.

Aprendiz de 3º ano73.768 ptas.1.106.520 ptas.

Traballador menor de 18 anos (1º ano)68.670 ptas.1.030.050 ptas.

Traballador menor de 18 anos (2º ano)73.768 ptas.1.106.520 ptas.

Grupo III

Persoal administrativo

Contable117.953 ptas.1.769.295 ptas.

Oficial administrativo100.098 ptas.1.501.470 ptas.

Auxiliar administrativo90.549 ptas.1.358.235 ptas.

Grupo IV

Persoal de servicios e actividades auxiliares

Debuxante117.953 ptas.1.769.295 ptas.

Escaparatista100.710 ptas.1.510.650 ptas.

Delineante95.933 ptas.1.438.995 ptas.

Profesional de oficio de primeira95.783 ptas.1.436.745 ptas.

Profesional de oficio de segunda92.702 ptas.1.390.530 ptas.

Axudante90.547 ptas.1.358.205 ptas.

Mozo especializado90.547 ptas.1.358.205 ptas.

Mozo90.158 ptas.1.352.370 ptas.

Chofer (equiparado a oficial 2ª)90.743 ptas.1.361.145 ptas.

Grupo V

Persoal subalterno

Cobrador97.319 ptas.1.459.785 ptas.

Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro e persoal de limpeza83.381 ptas.1.250.715 ptas.