Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 5/2000, interposto por Manuel Tubío Fachado.

O 18 de febreiro de 2000, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 5/2000, interposto por Manuel Tubío Fachado, contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a recurso de alzada de 28-10-1999, sobre a desestimación da solicitude de reintegro individual de tipo II.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 78.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer en autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria