Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

Neste concello tramítase expediente para a contratación da xestión do servicio público de recollida de residuos sólidos urbanos e transporte á ecoplanta, así como o mantemento, limpeza e reposición de colectores e papeleiras.

1. Entidade adxudicadora.

Concello da Illa de Arousa.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicios.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público de recollida de residuos sólidos urbanos e transporte á ecoplanta, así como o mantemento, limpeza e reposición de colectores e papeleiras.

b) Lugar de execución: A Illa de Arousa.

c) Duración do contrato: dez anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: ordinario.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Non se fixa, as ofertas económicas terán en conta tódolos conceptos fixados no prego.

5. Garantías.

Provisional: 400.000 pesetas.

Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Illa de Arousa.

b) Domicilio: rúa Naval.

c) Localidade e código postal: 36626 A Illa de Arousa.

d) Teléfono: 986 52 70 80.

e) Telefax: 986 52 87 00.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia técnica e financeira.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde o derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

b) Documento que hai que presentar: segundo prego.

c) Lugar de presentación: Concello da Illa de Arousa.

1º Entidade: Concello da Illa de Arousa.

2º Domicilio: rúa Naval nº 14.

3º Localidade e código postal: 36626 A Illa de Arousa.

8. Apertura das ofertas.

Data: 13 horas do terceiro día laborable seguinte á finalización do prazo, agás sábados.

9. Gastos de anuncios: aboaraos o adxudicatario.

A Illa de Arousa, 15 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado