Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou, en sesión do 18-1-2000, inicia-los trámites para a contratación do servicio de guindastre municipal que a continuación se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas da concesión, que se expoñen xunto co presente anuncio polo prazo de trinta días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicataria: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: xestión indirecta por concesión do servicio municipal de recollida, retirada, transporte, depósito e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas.

Tipo de licitación: no prego figuran con carácter orientativo as tarifas da vixente ordenanza da taxa por inmobilización e retirada de vehículos da vía pública.

Duración do contrato: catro anos prorrogables por períodos anuais cun máximo de tres.

Modalidade de adxudicación: forma de concurso, modalidade aberta e tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 200.000 ptas.

Exame do expediente: o expediente poderá ser examinado durante trinta días hábiles en horas de oficina na secretaría do concello, de luns a venres e sábados, de nove a trece horas.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no BOP de Pontevedra e DOG e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello durante os vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos consideraranse os sábados como inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 27 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado