Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente PPA 2/1999).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 14 de febreiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente o Plan parcial de ordenación S-5 Val de Mesoiro, presentado pola comisión xestora da xunta de compensación do polígono de Mesoiro, modificado polo anexo que consta no expediente, para adecuarse ó informe da consellería en cantos ós aparcadoiros, debendo esixirlle á comisión xestora o cumprimento das garantías previstas no artigo 46 c) do Regulamento de planeamento».

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro

caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 18 de febreiro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo