Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000 pola que se somete a información pública o plan de utilización dos espacios portuarios do porto da Pobra do Caramiñal.

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de Portos do Estado e da Mariña Mercante, modificada pola Lei 62/1997, de 26 de decembro, elaborou o plan de utilización dos espacios portuarios do porto da Pobra do Caramiñal.

Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na Praza de Europa, 5A-6º Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Por

tos de Galicia, zona centro, r/ Alférez Provisional, 1-1º na Coruña. En ámbolos dous enderezos poderán examina-los documentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación