Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve a solicitude para a incorporación de dúas parcelas ó monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro (expediente 318), da parroquia de Santiago de Mera (concello de Ortigueira).

Monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, da parroquia de Santiago de Mera, concello de Ortigueira. Con data do 19 de decembro de 1997, a

comunidade de Mera presenta escrito de solicitude de inclusión de dúas parcelas excluídas da cualificación do monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro pola resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común con data do 26 de febreiro de 1996. A comunidade achégalle ó xurado copia da sentencia firme con data do 24 de xuño de 1996, recaída no xuízo declarativo que afecta ás dúas parcelas respecto ás que se solicita a súa inclusión.

Estudiada a solicitude, o xurado acorda por unanimidade a súa incorporación ó monte veciñal para os efectos de lle dar debido cumprimento á sentencia achegada.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2000.

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña