Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (Manuel Maseda Sixto), devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados, cos datos e o domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 142 do regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou se presenten na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e as xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que, en caso contrario, se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de a adxudicar posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 9 de febreiro de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Manuel Maseda Sixto

Expediente: 236-CD/67.

Conta nº 7.

Enderezo: Virxe do Cristal, nº 1-3º esquerda. Celanova.

Importe da débeda: 95.162 ptas.