Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.446

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións do fondo de acción social do ano 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, ó que lle é de aplicación o Acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1998, de data 23 de setembro de 1999, publicado por Resolución do 28 de outubro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

De conformidade co establecido no punto 7 das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1998, entre os representantes da Administración autonómica e a organización sindical Converxencia Intersindical Galega (CIG), representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 10 de xullo de 1998 e publicado por Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Diario Ofi

cial de Galicia nº 146, do 30 de xullo), deben publicarse as listas provisionais das axudas de acción social do ano 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, afectado pola Resolución do 28 de outubro de 1999 da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 231, do 30 de novembro).

De conformidade con isto, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de adquisición de vivenda, subvención de préstamos hipotecarios, estudio, educación dos fillos dos traballadores e tratamentos de saúde e gastos de enterro da acción social do ano 1998, que están expostas no taboleiro de anuncios das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e as súas delegacións provinciais.

Segundo.-As solicitudes admitidas provisionalmente poderán ser denegadas nas listaxes definitivas en función do tope de percepción salarial que, de se-lo caso, fixe a Comisión de Acción Social, en aplicación do disposto no acordo sobre criterios de reparto.

Terceiro.-Poderase presentar escrito e, se é o caso, documentación de reparación de faltas e erros no

prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e do recollido na norma 7 de procedemento do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo), no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo o que establece o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixidas ó director xeral da Función Pública (edificios administrativos San Caetano), 15771 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública