Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DUMBRÍA

ANUNCIO.

Anuncio de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría.

Aprobado o prego de condicións para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría, exponse ó público na secretaría do concello durante o prazo de 8 días para efectos de reclamacións.

Simultaneamente, convócase concurso para a presentación de proposicións, podendo aprazarse a licitación en caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

Anuncio de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría.

1. Obxecto do contrato: a contratación dos traballos consistentes na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría, de conformidade coa regulación contida na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e demais disposicións de aplicación.

2. Tipo de licitación: 8.000.000 de ptas., IVE incluído, e a mellora realizarase mediante baixa repecto a este.

3. Anualidade:

2000: 4% do prezo de adxudicación.

2001: 12% do prezo de adxudicación.

2002: 84% do prezo de adxudicación.

4. Prazo de adxudicación: vinte meses desde a formalización do contrato.

5. Lugar de presentación de proposicións: rexistro de entrada do concello, das 9 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación de proposicións: trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG.

7. Fianza provisional: 160.000 ptas.

8. Fianza definitiva: 320.000 ptas.

9. Prazo de garantía: un ano desde a conclusión do contrato logo de informe favorable do equipo municipal director.

10. Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Dumbría, ás doce horas do noveno día hábil seguinte ó día no que remate o prazo de presentación de proposicións (excepto sábado; neste caso trasladarase ó luns seguinte).

11. Modelo de proposición e de sobres:

Modelo de proposición.

D..., con domicilio en..., rúa... nº..., Tfno.:... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de...), con DNI ou CIF nº..., e domicilio na rúa..., nº..., Tfno.:..., fax:..., toma parte no concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, dos traballos consistentes na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría, e para efectos fai constar:

1) Que ofrece executa-los ditos traballos no prezo (IVE incluído) de:

... pesetas, de acordo co expresado na memoria que xunta no sobre C, no que consta a composición do equipo redactor proposto, o que significa en relación co tipo de licitación unha baixa de:... pesetas.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En Dumbría o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo sobre A.

Proposicións para tomar parte na contratación dos traballos consistentes na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría, presentada por...

En Dumbría o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo sobre B.

Documentos xerais para tomar parte na contratación dos traballos consistentes na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría, presentada por...

En Dumbría o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo sobre C.

Referencias técnicas para tomar parte na contratación dos traballos consistentes na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría, presentada por...

En Dumbría o... de... de 2000

O licitador (asinado e rubricado)

12. Criterios de adxudicación:

1. Experiencia profesional en materia urbanística: 35 puntos.

2. Capacidade e coherencia interna do equipo: 10 puntos.

3. Arraigamento ou maior coñecemento do territorio obxecto do traballo: 20 puntos.

4. Capacidade de xestión: 10 puntos.

5. Capacidade de dedicación ó traballo proposto: 10 puntos.

6. O plan de realización dos traballos: 10 puntos.

7. Mellor oferta económica: 5 puntos.

Dumbría, 15 de febreiro de 2000.

José Manuel Pequeño Castro

Alcalde