Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente PES 4/1999).

O Pleno Municipal, na sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-los informes ás alegacións presentadas durante o período de información pública ó Plan especial de ordenación da zona de servicio do Porto da Coruña, elaborados polo Porto da Coruña, con data do 27 de xaneiro, polo asesor de Urbanismo, con data do 1 de febreiro e o informe conxunto con data do 14 de febreiro.

2. Aprobar definitivamente o texto refundido do Plan especial de ordenación da zona de servicio do Porto da Coruña.

3. Incluír nas modificacións do plan xeral que se tramiten, o edificio do Instituto Oceanográfico desafectado polo plan do Porto.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 29 de febreiro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo