Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de convocatoria de poxa, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da obra de ampliación da praza Campo da Festa.

Obxecto: obras de ampliación da praza Campo da Festa.

Lugar de execución: A Gándara.

Prazo de execución: tres meses.

Forma e procedemento de adxudicación: poxa con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 6.000.000 de ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: ascenderá a 240.000 ptas.

Información: Negociado de Contratación.

Proposicións: data límite: ata as 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

Narón, 1 de decembro de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde