Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/7-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Isocold, S.A.

Domicilio social: estrada O Porriño-Redondela km 5, 36415 Mos.

Denominación: central de coxeración na estrada O Porriño-Redondela.

Situación: Mos.

Características técnicas: grupo coxeración composto por un motor Jenbacher J.M.S. 612 G.S., 1.500 kW, combustible gas. Xerador síncrono de 1.813,75 kVA, 400 V, 1.500 RPM. Trafo principal de 2.000 kVA 400/20.000 V. Aparellos, equipos de control, protección e sincronización. Equipo de recuperación calor. Equipo de subministración e regu

lación de gas. A instalación está situada na estrada O Porriño-Redondela, km 5, no concello de Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra