Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 94/1999).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bornais e Piñeiro (Teo e Santiago).

Liñas eléctricas aéreas a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA:

-De 1.775 m de lonxitude, coa orixe no último apoio da liña que alimenta o C.T. depuradora da Barcia e final no C.T. Bornais, que se vai instalar.

-De 16 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 7 da liña que alimentará o C.T. Bornais e final no C.T. A Uceira, que se vai instalar.

Centros de transformación, tipo intemperie nos lugares de Bornais e A Uceira, de 100 kVA e 50 kVA respectivamente, con tensións de 20/0,380-0,220 kV dos que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 845 m e 365 m de lonxitude respectivamente, nos termos municipais de Teo e Santiago de Compostela.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 14-6-1999, no BOP do 28-5-1999, no xornal El Correo Gallego do día 8-6-1999 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Santiago. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos terreos relacionados na información

pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Comprobouse igualmente que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 9 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña