Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 99/915).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Indipunt, S.A., con enderezo social para efectos de notificacións no polígono industrial de Río do Pozo-Narón (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Instalación de coxeración composta por dous grupos motor-xerador alimentados a gas natural, de 2.095 kVA de potencia cada un, e tensión de xeración 400 V, con dous transformadores de 2.500 kVA cada un e relación de transformación 15-20 kV/400 V.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría que a empresa está construíndo no polígono industrial de Río do Pozo-Narón (A Coruña).

Orzamento: 256.195.913 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos s/n-15071 A Coruña.

A Coruña, 4 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña