Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Avda. de Fonteculler, 64.
Situación: Culleredo.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe na liña subterránea existente proximidade do C.T. que se proxecta e final no C.T. Avda. Fonteculler, 64, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, na Avda. Fonteculler, 64, do que parte rede subterránea en conductor R.V. de 226 m de lonxitude que conecta coa rede existente. Culleredo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 8 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña